Propoñemos que se inclúa a ampliación de Monticaño nos orzamentos de 2021
Nesta liña, instamos ao Goberno local a que “urxa e insista a quen teña que facelo” para que o esqueleto da residencia de maiores de Monticaño sexa derrubada. “Despois poderemos planear rutas de sendeirismo ou de bicis de montaña en colaboración con entidades deportivas de Arteixo como o club Jarnachas”, defende López.
Esta é unha das nosas propostas que presentaremos para as contas do próximo ano. “Comezamos a facer as nosas propostas porque aínda non sabemos nada dos presupostos”, subliña López.
Respecto ao mantemento do parque, reclamamos que se mellore e se “poña en valor a zona porque está moi descoidada”. É necesario que o Goberno local se poña a traballar e dea unha solución a este espazo”, conclúe López.