Solicitamos a substitución da balaustrada de Francisco de Quevedo, en Sol e Mar

Acabamos de presentar un rogo ao Goberno local para que substitúa a balaustrada da rúa Francisco de Quevedo, en Sol e Mar. A instalación ten bastantes anos, está debilitada e deteriorada, ademais dun tramo roto, sinalizado cunha valla de obra.

A balaustrada separa a rúa co monte lindeiro e protexe de posibles graves accidentes debido ao grande desnivel existente. Por iso, “é moi importante garantir o bo estado de toda a instalación”, salienta Simón López, voceiro do grupo municipal socialista, que engade que nos últimos anos se foi arranxando con “parches claramente visibles”.

Consideramos que xa é hora de deixar de arranxala e acometer unha renovación total en toda a súa lonxitude por unha nova que evite caídas e se integre harmonicamente na contorna.

Anterior
Anterior

Propoñemos que se inclúa a ampliación de Monticaño nos orzamentos de 2021

Siguiente
Siguiente

Esiximos a limpeza e acondicionamento do parque e o centro social de Oseiro