Esiximos a limpeza e acondicionamento do parque e o centro social de Oseiro

“En febreiro, o Goberno local anunciaba a bombo e prato a apertura do novo centro social de Oseiro, e case un ano despois o estado deste e do parque deixa moito que desexar”, lamenta Simón López, voceiro do grupo municipal do PSdeG. Lamentamos que quedasen vallas de obra e restos do que parece a instalación eléctrica de obra.

E non é o único problema. No exterior, o parque no que está integrado o edificio destaca pola maleza e a herba alta. “En xeral, hai un total descoido e abandono desta zona de lecer”, incide López.

Temos presentado varios escritos ao Goberno local reclamando un mellor coidado dos espazos públicos de todo o concello. Recordamos que nunha situación de pandemia como a que estamos a vivir, proporcionar espazos abertos para o uso e desfrute da veciñanza é fundamental para que a cidadanía poida cumprir coas recomendacións sanitarias.

Anterior
Anterior

Solicitamos a substitución da balaustrada de Francisco de Quevedo, en Sol e Mar

Siguiente
Siguiente

Unanimidade para esixir á Xunta que cumpra cos prazos das axudas á dependencia