Dende 1987 a nosa agrupación traballou sempre polo progreso de #Arteixo.

É o que nos move.

Somos progresistas, e somos de Arteixo.

 

Inicios.

A Agrupación Socialista de Arteixo inscribiuse oficialmente no censo do PSOE o 29 de outubro de 1987, aínda que todo indica que a actividade d@s socialistas se remonta a anos antes. Por aquel entón o Secretario Xeral era Frutos Martínez Saavedra, o primeiro alcalde socialista de Arteixo.

1987-1996

Goberno Socialista de Frutos Martínez Saavedra. Nesta etapa aprobáronse importantes obras -e normativas- para o futuro do Concello. As primeiras normas urbanísticas -coñecidas como NNSS-, o Centro de Saúde, a planificación da zona deportiva da Av. Arsenio Iglesias, o inicio da rede de traída de auga pública e de alcantarillado, a apertura de Radio Arteixo, a primeira biblioteca, etc.

2011-Actualidade

En 2011 o goberno de Pilar Souto perde o goberno en favor do Partido Popular de Carlos Calvelo. Dende entón o PSOE pasou a exercer unha oposición responsable e sensata, realizando a súa labor de control do Goberno. Nesta etapa exerceu labores de voceiro Martín Seco García, que foi candidato nas eleccións de 2015 e 2019. O 12 de xullo de 2020 foi escollido Deputado Autonómico pola cidadanía galega e na actualidade exerce a portavocía a compañeira Patricia Boedo

inmobiliaria-exige.jpg

1996-2007

En Arteixo recolle a Alcaldía -tras un pacto con tránsfugas do BNG- Manuel Pose, do Partido Popular. A oposición exércea nun primeiro momento o ex-alcalde Frutos, para recoller o testigo a compañeira Pilar Souto Iglesias. O seu mandato remata con investigacións sobre posibles irregularidades urbanísticas.

2007-2011

Goberno de coalición da socialista Pilar Souto e Terra Galega. Foi un goberno en minoría, durante o cal se aprobaron obras como o novo Pazo dos Deportes de Arteixo, a ampliación do Centro de Maiores da Baiuca, o novo CEIP de Arteixo, a reforma da Praza da Igrexa e unha nova Guardería Municipal en Pastoriza, e un novo Centro Multiusos e Escola de Educación Infantil en Barrionovo (Pastoriza), entre outras. Tamén se iniciou a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Histórico electoral