Esiximos a apertura inmediata da praza de Meicende

praza Meicende

Solicitamos ao Goberno local que abra de maneira inmediata a praza de Meicende. Esta actuación está practicamente rematada a falta de reparar algúns defectos e a veciñanza leva esperando “24 meses desde que comezou a licitación nunha obra que debía durar seis meses”, afirma Simón López, voceiro do grupo municipal do PSdeG.

Se a subsanación das deficiencias corresponde á empresa adxudicataria da obra, o Concello “debe esixirlle a construtora que remate dunha vez e corrixa o que teña que corrixir, para que as e os veciños poidan desfrutar deste espazo ao aire libre”.

Se sempre é importante humanizar as contornas e ter lugares de lecer preto das casas, nun momento coma este, no que hai que convivir coas restricións sanitarias pola covid, vólvese “urxente” abrir espazos que están practicamente rematados, como a praza de Meicende.

Anterior
Anterior

Plan ReactivART-e: campañas específicas para o consumo

Siguiente
Siguiente

Propoñemos bonos para o fomento directo do consumo