Propoñemos bonos para o fomento directo do consumo
Dentro do Plan ReactivART-e que levaremos como moción ao pleno de setembro incluímos a posta en marcha de BONOS DE FOMENTO DIRECTO DO CONSUMO. Esta liña directa dividirase en catro tipos, segundo o sector:
-Bono Comercio
-Bono Servizos
-Bono Hostalería
-Bono Cultura
Queremos que se fomente a participación das Pemes, comercios e profesionais nas licitacións públicas do Concello, dentro das ferramentas previstas na actual regulación sobre Contratación Pública. Para elo, o Concello debe:
Informar sobre licitacións obras menores e contratos públicos ás empresas e asesorías do municipio
Asesorar ás microempresas e autónomos para que se poidan presentar aos concursos públicos
Estudar a posibilidade de dividir en lotes os contratos máis grandes para fomentar a participación de entidades máis pequenas, respectando sempre a lexislación. Nas valoracións técnicas, que se prime a economía local e social que xeran as Pemes
Orientar e axudar aos emprendedores sobre as novas aperturas de negocios en Arteixo
Crear concursos para fomentar a implantación de proxectos innovadores e pioneiros dentro do territorio de Arteixo, atraendo novas actividades e novos consumidores.
Convocar unha liña de subvencións para reorientar ou reimpulsar a súa actividade.
Os socialistas esperamos que a corporación apoie esta moción e saquemos adiante un plan nun prazo de 30 días, que tome como base este proxecto para melloralo a través do diálogo coas entidades e sectores implicados.
Preme aquí para coñecer todo o Plan ReactivART-e