Plan ReactivART-e: campañas específicas para o consumo

campañas para fomento do consumo

Levaremos unha moción ao próximo pleno cunha serie de actuacións para facer fronte aos efectos económicos e sociais da Covid-19 en Arteixo, que recollimos no Plan ReactivART-e. Dentro destas iniciativas atópase a posta en marcha de campañas específicas para incentivar o consumo, orientadas ao comercio local, global e por sectores.

Propoñemos unha campaña publicitaria en diversos medios (prensa, radio, web, redes sociais) e a posta a disposición dos autónomos e pemes das redes sociais do Concello, con fins específicos de fomento do consumo.
En concreto:

  • Creación de páxinas sobre o comercio de Arteixo e os seus profesionais

  • Calendario de publicacións en redes onde cada sector, ou cada comercio, poida contar algo de espazo para a súa promoción

  • Realización e divulgación de entrevistas promocionais aos sectores e comercios interesados

  • Invitar ás persoas máis representativas do municipio a participar nas campañas de apoio ao comercio

Por último, de cara a promoción dos negocios arteixáns, propoñemos a promoción do pequeno comercio e o sector servizos coa creación de contidos audiovisuais.

O Plan ReactivART-e será debatido no pleno ordinario do martes, 29 de setembro. Este proxecto ten como obxectivo a creación de ferramentas para o mantemento e a reconstrución do tecido de pequenos negocios. Impulso do turismo coa creación e cumprimento –cun seguimento periódico- dun Plan Estratéxico para a Captación de Turistas e Visitantes, o impulso da venta online dos negocios de Arteixo, ou bonos de fomento directo do consumo.

No caso de ser aprobada a moción, queremos que no prazo 30 días se saque adiante un plan, que tome como base o noso proxecto para melloralo a través do diálogo coas entidades e sectores implicados.

Anterior
Anterior

Plan ReactivART-e: Unha liña de actuación para a transformación dixital do comercio

Siguiente
Siguiente

Esiximos a apertura inmediata da praza de Meicende