Plan ReactivART-e: Unha liña de actuación para a transformación dixital do comercio

learning.jpg

O Plan ReactivART que levaremos ao pleno de mañá, martes, 29 de setembro, conta cunha liña de actuación dirixida ao asesoramento e transformación dixital para as Pemes e os comercios do municipio. Outra das vías que propoñemos para facer fronte aos efectos económicos e sociais da Covid-19 en Arteixo é a posta en marcha dunha programación cultural en todas as parroquias do municipio que potencia as zonas comerciais, así como aos artistas do municipio.

Ao respecto da transformación dixital, a moción establece varios puntos que poderían axudar e mellorar a presenza online dos comerciantes, como son:

  1. A formación gratuíta e online de mans de expertos, sobre contabilidade, contratación, fiscalidade ou marketing, para xerar coñecementos básicos.

  2. Asesoramento na reorientación dixital de negocios, para apoiar as ventas in-store. Creación e cesión de espazos de trallo onde os autónomos e profesionais que o desexen poidan desenvolver o seu traballo dunha forma asumible e nun ambiente de networking.

  3. Demandar por escrito ás compañías de telecomunicacións a instalación de fibra óptica en réxime de libe competencia en aquelas zonas onde non exista.

  4. Asesoramento e axuda no cumprimento das medidas de seguridade a aqueles negocios que o soliciten.

No referente á programación cultural, os socialistas defendemos:

  1. O deseño e execución de diferentes accións culturais nas parroquias do municipio, con especial énfase nas zonas comerciais, para aumentar o fluxo de visitantes e potenciais consumidores.

  2. Esta axenda serviría para potenciar aos artistas do municipio, ao facelos partícipes das diferentes accións culturais programas.

  3. Deseño e execución de concursos para promover proxectos sociais e culturais innovadores.

O Plan ReactivART-e será debatido no pleno de mañá. Este proxecto ten como obxectivo a creación de ferramentas para o mantemento e a reconstrución do tecido de pequenos negocios. Impulso do turismo coa creación e cumprimento –cun seguimento periódico- dun Plan Estratéxico para a Captación de Turistas e Visitantes ou bonos de fomento directo do consumo.

Os socialistas apostamos por un prazo de 30 días para sacar adiante un plan que tome como base o proxecto socialista, para melloralo a través do diálogo coas entidades e sectores implicados.

Anterior
Anterior

O PP rexeita o Plan ReactivART-e

Siguiente
Siguiente

Plan ReactivART-e: campañas específicas para o consumo