O PP rexeita o Plan ReactivART-e

Pleno sept 1.jpg

A nosa proposta para facer fronte aos efectos económicos e sociais da Covid-19 en Arteixo foi rexeitada polo PP no pleno de hoxe. O Plan ReactivART-e consiste nunhas liñas de actuación para o mantemento e a reconstrución do tecido de pequenos negocios, con campañas específicas para incentivar o consumo público e privado; a posta en marcha dunha axenda cultural, o impulso do turismo,  da venta online ou bonos para o fomento directo do consumo.

“É unha mágoa que o PP votase en contra dunha proposta que pretendía ser a base para un texto consensuado entre a corporación e os sectores implicados que beneficiase ao sector comercial do concello”, subliñou o voceiro socialista, Simón López. De feito, no propio texto da moción especificábase o prazo de 30 días para mellorar o plan a través do diálogo cos representantes dos sectores beneficiados.

Outra das mocións que presentamos instaba ao Goberno local a que, dunha vez por todas e despois de nove anos, aprobe unha ordenanza definitiva de terrazas. O PP votou en contra de ordenar a ocupación destes espazos públicos.

Xunto co resto da corporación, votamos a favor das bases das subvencións ás asociacións de empresarios e comerciantes, así como as axudas para a instalación de ascensores e outros elementos de accesibilidade.

Susana Lebón

A socialista Susana Lebón tomou hoxe posesión da súa acta de concelleira. Lebón é licenciada en Pedagoxía e educadora social. Na actualidade traballa como coidadora no CAPD A Coruña-Xunta.

lebon 2.jpg

No pasado mandato xa fóra concelleira polo grupo socialista e volve a corporación despois de que Martín Seco renunciara a súa acta para cumprir cos estatutos do PSdeG e iniciar unha nova etapa política no Parlamento de Galicia

Anterior
Anterior

Visitamos Meicende para coñecer as eivas e propostas veciñais

Siguiente
Siguiente

Plan ReactivART-e: Unha liña de actuación para a transformación dixital do comercio