Solicitamos o arranxo dunha rúa no entorno de As Carballas, en Arteixo
Á altura do número 127 da Avenida de Fisterra, na zona de As Carballas, existe unha rúa en malas condicións e que non está á altura do que merece a cidade de Arteixo nin a veciñanza desa zona.
Está sin capa de rodadura, e as augas pluviais que baixan da finca colindante pola rampa de acceso enchen o tramo de áridos e auga, complicando o acceso dos veciños e residentes ó portal.
O pasado venres 18 solicitamos o seu arranxo.