Solicitamos o arranxo da estrada do Val de Loureda
Este é o estado que presenta a estrada do val de Loureda, que comunica con Boedo, dende que o Concello comezou a executar unhas obras de saneamento.
O firme quedou nunha situación lamentable, e leva así meses sen explicacións públicas do Concello.
Solicitamos o seu arranxo. As obras non poden deixar así unha estrada provincial durante meses, xerando problemas á xente do val.