Acciona presenta un novo trazado para o tendido de Alta tensión

A veciñanza de #Arteixo pode sentirse orgullosa! Acciona vén de presentar un trazado alternativo para a Liña de Alta Tensión, unha proposta que atende algunhas das peticións do PSdeG-PSOE: afastar o tendido da costa e soterralo nas zonas de maior valor paisaxístico e ambiental.

Esta proposta chega despois dunha mobilización exemplar da xente de Arteixo, que se pronunciou masivamente en contra do proxecto e forzou á empresa a cambiar os seus plans.

Aproveitade esta fin de semana e visitade eses lugares tan fermosos que ameazaba o proxecto. Lembra que podes descargar unha guía nesta mesma web.

Anterior
Anterior

Solicitamos o arranxo da estrada do Val de Loureda

Siguiente
Siguiente

Solicitamos unha mellora da limpeza na pista multideporte de Oseiro