O PP rexeita no pleno promover vivenda pública en Arteixo

O Goberno de Carlos Calvelo votou en contra no pleno de hoxe da nosa moción na que solicitábamos que o Concello de Arteixo promova vivenda pública. “Desde o Partido Socialista de Arteixo cremos que se deben desenvolver activamente políticas que supoñan a posta a disposición de vivendas, en condicións asumibles, para aqueles colectivos con máis dificultades”, principalmente para xente nova e persoas maiores de 65 anos. Non obstante, o PP rexeitou esta medida que dotaría a Servizos Sociais dunha “ferramenta máis de acción para as problemáticas que se atopen durante o seu traballo”..

Un dos puntos que contou coa unanimidade da corporación foi a convocatoria e bases reguladoras de axudas para o impulso da actividade económica para paliar os efectos da Covid, cunha liña de axudas para autónomos e microempresas. “Aínda que xa hai semanas que levamos unha moción para que o Concello puxese en marcha un plan de reactivación, aledámonos de que por fin dea pasos nesta liña”, indicou o portavoz socialista, Simón López, ao tempo que recordou que teñen solicitado a convocatoria da Mesa pola Covid en numerosas ocasións, sempre coa oposición do PP.

Ademais, o PP tamén rexeitou a recuperación da radio municipal. Unha iniciativa que chegou ao pleno cunha moción do BNG á que votamos a favor por entender que é unha canle de información e contacto coa veciñanza.

Anterior
Anterior

A Xunta só destina 50.000 euros para un novo CEIP polo “servilismo” do PP de Arteixo

Siguiente
Siguiente

Solicitamos que o Concello promova vivenda pública