A Xunta só destina 50.000 euros para un novo CEIP polo “servilismo” do PP de Arteixo

Criticamos os orzamentos da Xunta para Arteixo porque son “insuficientes”. Para o deputado socialista Martín Seco non ten sentido que só asignen 50.000 euros para un novo colexio nun concello como Arteixo. “Con só 50.000 euros nos presupostos, teremos que esperar a que as obras comecen no 2023 no mellor dos casos”, lamenta e recorda que a xustificación desde San Caetano para esta “paupérrima partida” é que o Goberno local de Arteixo “non fixo os deberes” para ceder o terreo necesario a Xunta. É dicir, “Arteixo non terá novo colexio o próximo curso polo servilismo e a inacción do Goberno de Carlos Calvelo”.

O deputado socialista contrapón a iniciativa do Goberno central que “bonifica a AP-9”, mentres que en Galicia “seguimos co lastre dun peaxe imposto no que era unha vía pública privatizada polo PP”, en referencia á AG-55, que “agora impide facer un enlace da zona norte co autovía ao porto gratuíta”, engade. Nese senso, apunta que resulta inaudito que o alcalde de Arteixo fale do enlace coa autovía ao porto exterior, cando “nin o Concello nin a Xunta teñen os terreos, nin un proxecto para facer a circunvalación de Meicende, sen o cal é imposible eliminar os transportes pesados do núcleo urbano”

Seco subliña que á falta de investimentos en obras “moi necesarias en Arteixo” os orzamentos autonómicos, “non son un bos presupostos para Arteixo” porque “nin se mellora a asistencia sanitaria, nin a educativa. Tampouco se mellora en infraestruturas da comunicación nin en seguridade viaria en viais tan importantes como a AC-552 ao seu paso polos núcleos de Vilarrodís, Arteixo e Larin, ademais de esquecer a comunicación do polígono de Morás coa rotonda de Pescanova, esencial para a seguridade viaria de Montepequeno e eliminar as saturacións da rotonda de Sabón”.

Anterior
Anterior

“O procedemento de contratación en Arteixo é opaco, cun abuso claro dos contratos a dedo”

Siguiente
Siguiente

O PP rexeita no pleno promover vivenda pública en Arteixo