Patricia Boedo: “Arteixo precisa melloras que sitúen ás persoas no centro das políticas públicas, poñer a mirada na xente”

Os socialistas de Arteixo veñen de presentar a súa candidatura completa nun acto no Centro Cívico no que participaron o  deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, José Ramón Riobóo.

A candidata do PSdeG-PSOE de Arteixo, Patricia Boedo, presentou hoxe a candidatura completa do PSOE de Arteixo ás eleccións municipais co obxectivo de “gobernar para todos e todas nun Arteixo en convivencia como un dos eixos do seu programa”

O acto contou coa participación do deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo.

Martín Seco fixo un repaso de todas as carencias do goberno popular de Arteixo que “non está ni se lle espera” fronte á Xunta para loitar polos grandes proxectos e contra as deficiencias do servizos xestionados pola administración autonómica no concello e sinalaba que os grandes avances en Arteixo son froito “do gran investimento do goberno de España grazas aos fondos europeos e ás axudas da Deputación da Coruña”

Nesa liña tamén se manifestaba a subdelegada do Goberno, María Rivas, quen fixo unha enumeración de todos os proxectos que o goberno progresista liderado por Pedro Sánchez sacou adiante en Arteixo, pero ademais quixo sinalar a importancia de ter de novo unha candidata á alcaldía “para que as nenas teñan referentes a quen seguir”.

Ao fío do que xa comentara a subdelegada do goberno, o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo, destacaba na súa intervención o número de candidatas e alcaldesas que ten a comarca para pedirlle a candidata socialista que sexa “a mellor alcaldesa que poida ter Arteixo na súa historia” e sinalaba a calidade do equipo elixido para conquistar a alcaldía.”O vas a conseguir, estou completamente seguro, e creo que vas facer un. Arteixo mellor como xa o fixeron outros alcaldes e alcaldesas socialistas” dixo Riobóo.

A continuación, a candidata socialista, Patricia Boedo presentou un a un aos veciños e veciñas das distintas parroquias  que a acompañan na lista do PSdeG-PSOE de Arteixo coa intención de “asumir como nosos os problemas da veciñanza e facer das súas demandas unha prioridade, poñendo a nosa mirada na xente”, para pasar  a resumir os eixos do programa electoral baseado na protección aos maiores, a educación e a infancia;  a xuventude o deporte e a cultura; o emprego e o tecido económico, a convivencia e a protección social, así como o urbanismo e a mobilidade.

“Aquí é imposible non falar de algo que levamos anos pedindo e que é fonte inesgotable de problemas na ordenación no noso concello” arguentaba Patricia Boedo. “Nós si, iniciaremos a redacción dun plan xeral de ordenación municipal , responsable, sostible consensuado coa corporación local e a veciñanza, que nos permita ter novos espazos dotacionais, verdes e de vivenda”. E remataba sinalando que “estes son os eixos dun programa con máis de cen medidas concretas e realistas” para gobernar durante catro anos, “e non nos seis últimos meses de mandato”.

MINUTO DE SILENCIO NA HONRA DE ARSENIO IGLESIAS

A petición de secretario xeral dos socialistas arteixáns, Martín Seco, o acto comezaba cun minuto de silencio na honra de Arsenio Iglesias “un dos nosos que levou o nome de Arteixo por todo o mundo” que remataba con aplausos de todo o público que enchía o auditorio posto en pé. para o adestrador arteixán falecido este venres.

Tamén a candidata socialista comezaba o seu discurso cunha lembranza a Arsenio coma “un dos grandes” e afirmaba que “sen Arsenio, Arteixo é hoxe un pouco máis pequeño. Todo o noso agarimo dende aquí para a súa familia”.

 CANDIDATURA PSDEG-PSOE ARTEIXO

1. Patricia Boedo Naya

2. Fernando Vázquez Martínez

3. Ana Cedeira Zas

4. Luis Vázquez Fernández

5. Charo Figueiras Icasuriaga

6. Juan Carlos Añón Álvarez

7. Eva Sánchez Ramilo

8. Martín Seco García

9. Vanesa Cerdeiro Lema

10. Daniel Turrado Vázquez

11. Virginia Vázquez Varela

12. Simón López Fernández

13. Cristina Calvo Espasandín

14. Julio Iglesias Fernández

15. Lucía Vázquez Mosquera

16. Pablo Hernández Pérez

17. Pilar Bello López

18. Faustino Vázquez Prego

19. Tamara Figueroa Cedeira

20. Secundino Núñez Ruíz

21. Lucinda Regueira Regueira

SUPLENTES:

22. Ángel Díaz Souto

23. Beatriz Pardo Aldao

24. Álvaro Esmorís Suárez

25. Raquel Martínez Vázquez  

 

Anterior
Anterior

O Concello da Coruña instala bandas redutoras de velocidade na Avenida de Nostián a petición dos socialistas de Arteixo

Siguiente
Siguiente

Patricia Boedo presenta este domingo a candidatura completa dos socialistas de Arteixo ás eleccións municipais co lema “COA MIRADA NA XENTE”