Patricia Boedo presenta este domingo a candidatura completa dos socialistas de Arteixo ás eleccións municipais co lema “COA MIRADA NA XENTE” 

O acto celebrarase o domingo 7 de maio ás 12.00 no auditorio do Centro Cívico e contará coa participación do deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo 

A candidata do PSdeG-PSOE de Arteixo, Patricia Boedo, presentará a candidatura completa do PSOE de Arteixo ás eleccións municipais o domingo 8 de maio ás 12:00 no auditorio do Centro Cívico co obxectivo de “gobernar para todos e todas nun Arteixo integrador e dialogante”

O acto contará coa participación do deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo

Baixo o lema COA MIRADA NA XENTE, a candidata socialista presentará aos veciños e veciñas das distintas parroquias  que a acompañan na lista do PSdeG-PSOE de Arteixo coa intención de “asumir como nosos os problemas da veciñanza e facer das súas demandas unha prioridade”.

“Para mellorar Arteixo é preciso  estar en cada punto do territorio pero tamén no tecido social, educativo, asociativo e empresarial” afirma Boedo “Por iso esta candidatura está formada por 25 compañeiros e compañeiras representativos de toda a sociedade arteixá, desde todas as parroquias e barrios e de todos os perfís sociais. Compañeiros e compañeiras con gañas de aportar a súa experiencia e o seu traballo e que teñan a mesma ilusión que a candidata por facer de Arteixo un lugar mellor para vivir.”

A presentación da lista completa será o domingo 7 de maio ás 12:00 no auditorio do Centro Cívico.

CANDIDATURA PSDEG-PSOE ARTEIXO

1. Patricia Boedo Naya

2. Fernando Vázquez Martínez

3. Ana Cedeira Zas

4. Luis Vazquez Fernández

5. Charo FigueIrAs Icasuriaga

6. Juan Carlos Añón Álvarez

7. Eva Sánchez Ramilo

8. Martín Seco García

9. Vanesa Cerdeiro Lema

10. Daniel Turrado Vázquez

11. Virginia Vázquez Varela

12. Simón López Fernández

13. Cristina Calvo Espasandín

14. Julio Iglesias Fernández

15. Lucía Vázquez Mosquera

16. Pablo Hernández Pérez

17. Pilar Bello López

18. Faustino Vázquez Prego

19. Tamara Figueroa Cedeira

20. Secundino Núñez Ruíz

21. Lucinda Regueira Regueira

SUPLENTES:

22. Ángel Díaz Souto

23. Beatriz Pardo Aldao

24. Álvaro Esmorís Suárez

25. Raquel Martínez Vázquez  

 

 

Anterior
Anterior

Patricia Boedo: “Arteixo precisa melloras que sitúen ás persoas no centro das políticas públicas, poñer a mirada na xente”

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo instan ao goberno local a elaborar un “inventario de telecomunicacións” que permita dotar de cobertura de banda larga e móbil a todo o concello.