O Concello da Coruña instala bandas redutoras de velocidade na Avenida de Nostián a petición dos socialistas de Arteixo

A montaxe das bandas é resultado da xuntanza da candidata socialista, Patricia Boedo, co concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade da Coruña, Francisco Díaz, para trasladarlle os problemas da veciñanza da parroquia arteixá que linda coa cidade herculina, ante a impasibilidade do goberno local de Arteixo nesa zona.

O Concello da Coruña ven de instalar bandas redutoras de velicidade na Avenida de Nostián despois de ser coñecedor dos problemas de mobilidade e seguridade do vial que afectan aos veciños de Meicende.nunha reunión da candidatura do PSdeG-PSOE de Arteixo co concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade da Coruña

Os socialistas arteixáns explicaron nese encontro que a situación que está a vivir a veciñanza da Avenida de Nostián no núcleo de Meicende non é un tema descoñecido para o goberno local de Arteixo, xa que no ano 2011 un dos concelleiros do PSdeG-PSOE na corporación municipal e veciño de dita rúa, poñía de manifesto os problemas de mobilidade e seguridade do vial. Unha cuestión que levaron en varias ocasións a pleno, a última no pasado mes de marzo, pero que non foi atendida polo goberno local.

A voceira do PSdeG-PSOE de Arteixo, Patricia Boedo, suliña que a veciñanza da Avenida de Nostián se puxo en contacto co grupo socialista preocupados pola seguridade viaria daqueles que circulan por esa avenida, “que teñen que ver como pasan os vehículos a velocidades inapropiadas para o estado do vial sen que o concello de Arteixo tome medidas”.

“Na campaña do ano 2011 este era un tema prioritario para o PP de Arteixo pero coa chegada ao goberno do actual alcalde pasou a ser un tema secundario sen novidades pese as insistentes preguntas do noso grupo nos plenos ordinarios” sinala Boedo.

Os veciños denunciaban a situación de desamparo que sofren ante esta situación de inseguridade e pedían ao goberno local que se tomaran medidas “para evitar desgracias” coa instalación de sinalización dos límites de velocidade, de bandas redutoras da velocidade e tamén o estudo da instalación de beirarrúas para a mobilidade dos usuarios desa avenida.

A voceira socialista, Patricia Boedo, explica que “a realidade é que algunhas vivendas situadas no mesmo edificio da Avenida de Nostián pagan impostos en Arteixo e outras na Coruña” polo que ante a inoperancia do goberno arteixán “agradecemos que o goberno local da Coruña atenda as peticións da veciñanza que depende do seu concello pero que repercute tamén nos veciños e veciñas de Arteixo”.

“Agradecemos ao Concello da Coruña o seu compromiso para a instalación das bandas que solicita a veciñanza para o control da velocidade” conclúe Patricia Boedo trala instalación das medidas de redución da velocidade.

Na mesma reunión, Patricia Boedo e os outros tres representantes da candidatura do PSOE de Arteixo, Fernando Martínez, Charo Figueiras e Ana Cedeira, tamén aproveitaron para insistir na necesidade de retomar con premura a negociación do deslinde entre ámbolos dous concellos ante “a inoperancia do goberno de Carlos Calvelo para facelo”.

Novos badenes en Nostián

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo presentan o seu programa “Coa mirada na xente” con 100 medidas que responden ás necesidades reais da veciñanza.

Siguiente
Siguiente

Patricia Boedo: “Arteixo precisa melloras que sitúen ás persoas no centro das políticas públicas, poñer a mirada na xente”