Os socialistas de Arteixo presentan o seu programa “Coa mirada na xente” con 100 medidas que responden ás necesidades reais da veciñanza.

Patricia Boedo: “O noso é un programa para un goberno transparente e exemplar que distribúa os seus medios económicos pensando no benestar dos veciños e veciñas”

Os socialistas de Arteixo presentan nesta campaña un programa de goberno con 100 medidas que responden ás necesidades reais da veciñanza co obxectivo de gobernar para todos e todas nun Arteixo “integrador e dialogante” .

A candidata socialista, Patricia Boedo explica que todos os integrantes da súa candidatura teñen a intención de  “asumir como propios os problemas da veciñanza e facer das súas demandas unha prioridade, poñendo a nosa mirada na xente” polo que o  programa está elaborado para  “dar resposta a eses problemas” en torno a oito eixos: a protección aos maiores; a educación e a infancia;  a xuventude o deporte e a cultura; o emprego e o tecido económico; un concello aberto en conviencia; a protección social, a planificación urbanística e a mobilidade e un concello verde e saudable.

“Este programa é un compromiso coa cidadanía” afirma Boedo, para aproveitar “as múltiples oportunidades do noso municipio para que a súa veciñanza goce dun emprego de calidade, que conte cuns bos servizos municipais, con espazos de lecer e conciliación para as famillias, cun apoio decidido ao noso tecido empresarial e comercial e cunhas infrastruturas que teñan o contido e actividade que necesitamos”.

A candidata socialista sinala que tras 12 anos de goberno do Partido Popular “centrado na inversión en cemento e non no benestar da veciñanza”, os arteixáns precisan  un goberno  que adique o seu orzamento, “o máis elevado dos concellos coma o noso, ao que de verdade importa, a calidade de vida da xente”.

Para Boedo hai outra forma de gobernar, “un goberno transparente e exemplar que distribúa os seus medios económicos atendendo as necesidades reais dos arteixáns e das arteixás con humildade, educación e sen a prepotencia”

A proposta de goberno socialista inclúe 100 medidas concretas distribuídas para cada un dos eixos programáticos así como propostas visuais dos proxectos a desenvolver ao longo dos catro anos de mandato.

Os dous documentos, o programa e as medidas concretas, están ao dispor da cidadanía na páxina web do PSOE de Arteixo na seguinte ligazón: https://www.psoe-arteixo.org/o-noso-programa

 

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo inician a súa campaña coa tradicional pegada de carteis 

Siguiente
Siguiente

O Concello da Coruña instala bandas redutoras de velocidade na Avenida de Nostián a petición dos socialistas de Arteixo