Os socialistas de Arteixo solicitan impulsar decididamente políticas de igualdade entre mulleres e homes de forma transversal como a mellor garantía para o futuro das nenas e mulleres 

Co gallo da celebración do 8M, demandan implementar medidas que favorezan e melloren a integración laboral das mulleres nas ocupacións STEM así como un pacto pola corresponsabilidade nos coidados, ademáis de levar a cabo accións para protexer ás e os menores nas contornas dixitais fronte á pornografía e a incitación á prostitución fomentando a coeducación e educación afectivo-sexual baseada no respecto, a igualdade e a dignidade das persoas.

O grupo municipal socialista de Arteixo presentou no pleno de febreiro unha moción para impulsar decididamente políticas de igualdade entre mulleres e homes de forma transversal como a mellor garantía para o futuro das nenas e das mulleres.

O portavoz socialista no concello, Martín Seco, sinalou que de cara ao vindeiro 8M, é importante lembrar que “a igualdade de xénero non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos piares básicos para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible” e que ainda que se teñen conseguido algúns avances durante as últimas décadas, “o mundo está lonxe de alcanzar a igualdade de xénero para 2030” como se recolle nos obxectivos de desenvolvemento sostibles de Nacións Unidas.

Para os socialistas, avanzar na igualdade de xénero é fundamental “para crear unha sociedade sa en todos os seus ámbitos”, desde a redución da pobreza ata a promoción da saúde, a educación, a protección e o benestar.

“O lema elixido por Nacións Unidas para este ano é “Para TODAS as mulleres e nenas: Dereitos. Igualdade. Empoderamento” ao que nos unimos” explica Seco, e solicitan que en Arteixo se implementen medidas que favorezan e melloren a integración laboral das mulleres nas ocupacións STEM ,así como promover un pacto pola corresponsabilidade nos coidados, xunto con accións para protexer ás e os menores nas contornas dixitais fronte á pornografía e a incitación á prostitución fomentando a coeducación e educación afectivo-sexual baseada no respecto, a igualdade e a dignidade das persoas.

As mulleres e as nenas constitúen a metade da poboación “e, por tanto, tamén a metade do seu potencial” expón o voceiro socialista, pero a desigualdade de xénero prevalece e estanca o progreso social, “por iso é vital que traballemos polo empoderamento das mulleres especialmente das novas e as nenas do noso país” porque a realidade demostra que son moitas as áreas onde a fenda de xénero, as diferenzas entre mulleres e homes, “é aínda un lastre para a nosa democracia e unha manifesta inxustiza para as mulleres”.

Tratar a todas as mulleres e homes de forma equitativa no traballo é un dos fundamentos esenciais da igualdade de xénero e do obxectivo socialista de empoderamento, e aínda que as diferenzas salariais, seguen sendo moi significativas, se reduciron nun 25% desde o ano 2018, “entre outras cousas grazas á continua subida do salario mínimo interprofesional, un 61% en seis anos”.

Seco insiste en que para seguir pechando a brecha de xénero no mercado laboral, “debemos traballar para implementar políticas que favorezan e melloren a integración laboral das mulleres nas ocupacións STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), empezando pola sensibilización e a promoción na infancia e a mocidade” a través dunha acción política integral que permita un pacto pola corresponsabilidade nos coidados. “Este pacto é necesario para lograr o obxectivo de redución do diferencial das horas que mulleres e homes dedican ao traballo doméstico e de coidados. A redución da xornada laboral a 37’5 horas xa é un gran paso”. 

Ademais, os socialistas arteixáns propoñen tomar medidas para protexer ás e os menores nas contornas dixitais fronte á pornografía e a incitación á prostitución cunha educación afectivo-sexual baseada no respecto, a igualdade e a dignidade das persoas. 

“O noso compromiso coa igualdade entre mulleres e homes é firme e abarca todos os ámbitos da vida pública e privada” remata Seco. “Só a través dunha acción política transversal e integral, que teña tamén en conta as diferenzas entre as mulleres, poderemos construír unha sociedade verdadeiramente igualitaria e xusta para todas e todos”.

Anterior
Anterior

Os socialistas arteixáns acusan ao goberno local de  manter en precario o servizo do Centro de Información á Muller

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo pide responsabilidades pola actuación do concelleiro de Urbanismo a favor dun particular contra unha comunidade de veciños