Os socialistas arteixáns acusan ao goberno local de manter en precario o servizo do Centro de Información á Muller
Martín Seco: “É unha hipocrisía facer declaracións institucionais co gallo do Día Internacional de Muller cando non se cumpre a paridade no goberno municipal e non se executan mocións aprobadas por unanimidade para mellorar a atención das mulleres en situación de vulnerabilidade”
Co gallo da proximidade do Día Internacional de Muller, o grupo municipal socialista de Arteixo ven de solicitar novamente ao goberno local que execute a moción aprobada por unanimidade en 2023 para reforzar o funcionamento do Centro de Información á Muller.
O portavoz do grupo municipal socialista, Martín Seco, recorda que a moción aprobada acordaba “reforzar o persoal asignado ao CIM de Arteixo recuperando a independencia dos postos de Directora e Psicóloga, aumentando as horas de asistencia xurídica e os de atención psicolóxica para menores e a cobertura do posto da traballadora social asignada ao centro para ter unha mellor atención aos usuarios/as nun problema de vital importancia para todos/as”
Seco argumenta que “é unha hipocrisía facer declaracións institucionais co gallo do Día Internacional de Muller cando non se cumple a paridade no goberno municipal e non se executan mocións aprobadas por unanimidade para mellorar a atención das mulleres en situación de vulnerabilidade” e sinala que “ata o día de hoxe descoñecemos as actuacións realizadas polo goberno municipal para executar esa moción”
O portavoz socialista expón que a atención do CIM de Arteixo é “totalmente insuficiente nun concello onde hai máis de 2.200 persoas usuarias dese servizo”, porque además na actualidad o servizo de atención psicoloxica a menores está sen cubrir e unha axente de igualdade atende 10 horas á semana “e fai un pouco de todo ante o colapso do centro”
Según o portavoz socialista “o servizo está desbordado” e non pode asumir todo o traballo que se precisa para a asistencia ás vítimas de violencia de xénero con cuestións esenciais como o trámite das axudas económicas para as vítimas, as solicitudes de mediación familiar, o reforzo académico dos fillos/as de vítimas e a tramitación de Atenpro, “cos retrasos inasumibles que acarrea”.
Para Seco, “de pouco vale aprobar mocións nos plenos que despois non se executan. Unha práctica habitual deste goberno local, así que demandamos saber se hai alguna actuación prevista para reforzar realmente o servizo en breve”.