O PSOE de Arteixo pide responsabilidades pola actuación do concelleiro de Urbanismo a favor dun particular contra unha comunidade de veciños 

Os socialistas instan ao alcalde a condenar a actuación do concelleiro de urbanismo por actúar como testemuña de parte nun litixio no que o propietario do baixo intenta aumentar a indemnización pola instalación dun ascensor nunha comunidade de veciños na que residen persoas maiores e con discapacidade.

O edil popular está a colaborar no bloqueo da instalación do ascensor co argumento de que o baixo é utilizado para facer reunións dunha comunidade de montes do concello ao tempo que intenta convencer á comunidade de que fagan as obras para regularizar a situación do garaxe, denunciado polo seu amigo, propietario do local, que pedía tres veces o orzamento que conseguiron noutra empresa

O grupo municipal socialista de Arteixo preguntará no pleno pola actuación do concelleiro de Urbanismo a favor dun particular contra a comunidade de veciños da rúa Camiño de Candame nº 10 pola instalación dun ascensor.

O portavoz socialista, Martín Seco, explica que o seu grupo municipal recibiu a “sorprendente información” dun litixio no que está involucrado o concelleiro de Urbanismo sobre a instalación dun ascensor na comunidade de veciños da rúa Camiño de Candame nº 10, na que residen maiores de 70 anos e persoas con discapacidade.

A comunidade de propietarios concurrirá á liña de axudas que oferta o concello de Arteixo para instalación de ascensores, e no proceso xurdiron as “diferencias normais” entre propietarios sobre a cuantía que a comunidade de veciños ten que pagar ao propietario do baixo polos metros necesarios para a instalación, e que segundo a peritaxe efectuada se achegan máis á cantidade ofrecida pola comunidade de veciños que á do propietario do baixo.

Seco sinala que nunha reunión entre a comunidade de veciños e o concelleiro de Urbanismo para a solicitude de licencia do garaxe que estaba denunciado polo propietario do baixo, o edil “recomendou que aceptaran a proposta feita por ese propietario” que se ofreceu a facer a obra e descontar esa cantidade da súa aportación como membro da comunidade de veciños, aínda que a súa proposta era “tres veces superior” ás outras propostas económicas presentadas.

“O caso é grave” argumenta Martín Seco, “porque á recomendación do concelleiro hai que engadir o sucedido no litixio resultante das diferencias sobre a cuantía que a comunidade de veciños lle terá que pagar ao propietario do baixo”, e engade que o grupo socialista ten constancia de que “o responsable de urbanismo actuou a favor dunha das partes nun caso xudicial entre privados como testemuña para defender os intereses do propietario do baixo, de quen dixo ser amigo”.

O voceiro socialista suliña que o concelleiro declarou en sede xudicial que o local era utilizado para facer reunións dunha comunidade de montes do concello “para intentar subirlle a valoración á cuantía dos metros que ían ser utilizados para a instalación do ascensor”.  

Os socialistas pedirán explicacións e responsabilidades no pleno sobre estes feitos, porque según Seco o alcalde ten que explicar “si lle parece normal que o responsable de urbanismo actúe como testemuña de parte nun xuizo  para ditaminar a cuantía que a comunidade de veciños debe aboar ao propietario do baixo que perderá superficie por dita instalación, e se cre que a celebración de reunións dunha comunidade de montes do noso concello nun local no que non ten a súa sede social é motivo para testificar a favor do aumento do valor do solo afectado”.

Pero ademáis os socialistas queren saber cal é o motivo para que o concelleiro de urbanismo aconselle a realización da obra de regularización do garaxe por parte do propietario do local cando supera en 3 veces o orzamento que finalmente aceptou a comunidade e si pedirán algún tipo de responsabilidades ao concelleiro por dito comportamiento.

  

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo solicitan impulsar decididamente políticas de igualdade entre mulleres e homes de forma transversal como a mellor garantía para o futuro das nenas e mulleres 

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo demanda unha xestión municipal máis áxil e transparente