Os socialistas de Arteixo  demandan un espazo de aparcamento para coches e camións na contorna da Travesía de Groufa

O grupo municipal socialista denuncia a situación de inseguridade da vía polo continuo estacionamento de vehículos na beirarrúa que obriga aos peóns a circular pola calzada.

Os socialistas de Arteixo demandarán no  vindeiro pleno un espazo de aparcamento para coches e camións na Travesía de Groufa, ante a situación de inseguridade da vía provocada polo continuo estacionamento de vehículos na beirarrúa que obriga aos peóns a circular pola calzada.

Os socialistas argumentan que a veciñanza que utiliza a Travesía da Groufa no tramo que vai dende o seu enlace coa Avenida de Fisterra leva tempo advertindo da situación de inseguridade que están a vivir polo continuo aparcamento de vehículos na beirarrúa “que fai que teñan que xogarse a vida circulando polo espazo que utilizan  os vehículos” sinala Patricia Boedo, portavoz de grupo municipal socialista.

Para Boedo, o grupo de goberno debera “garantir que a beirarrúa estea libre para o paso dos peóns e habilitar algún espazo para o aparcamento dos coches e camións que acoden aos negocios da zona e así o pediremos no pleno”.


Anterior
Anterior

O PSOE de Arteixo denuncia a inseguridade viaria na AC-552 na contorna da Escola Infantil de Larín

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo presentan unha moción en defensa do servizo básico e esencial da educación pública