Os socialistas arteixáns solicitan unha beirarrúa na senda peonil da rúa Igrexa

Denuncian que tralas obras realizadas polo concello só hai unha zona de circulación para peóns, invadida de maleza e lixo, e separada do tránsito de vehículos únicamente por postes.

Tamén pediron un espello entre a rúa Santuario e a rúa Nova Mocidade para mellorar a visibilidade no stop situado no cruce que xa foi instalado.

O grupo municipal socialista de Arteixo solicita a instalación dunha beirarrúa na senda peonil da rúa Igrexa. O portavoz socialista, Martín Seco, explica que nas obras realizadas polo concello nas rúas Igrexa e Paseo do Santuario, ademais dos cambios na circulación dos vehículos se instalaron beirarrúas no Paseo do Santuario en ambos lados, “pero na rúa Igrexa só se deixou unha zona de circulación para peóns separada do tránsito de vehículos por uns postes nalgunhas partes do seu trazado”.

Seco engade que esta senda “se atopa sempre invadida pola maleza e chea de lixo” e que consideran que “despois do esforzo por realizar as obras, entendemos que sería necesario construír a beirarrúa nesa senda e mantela en bo estado de limpeza” e pide que “Calvelo se deixe de agochar detrás da Deputación, cando as obras en dita rúa as realizou o concello”

Por otra banda, os socialistas indican que existía un problema de seguridade viaria por falla de visibilidade no cruce entre a rúa Santuario e a rúa Nova Mocidade, “que podía solventarse coa instalación dun espello na rúa Santuario para ver a circulación ao facer o stop sinalado nesa rúa” e agradecen ao grupo de goberno que tomaran nota e procederan a facelo ”.

Anterior
Anterior

O PSOE de Arteixo pide actuacións na Avenida Fisterra para garantir o paso de viandantes 

Siguiente
Siguiente

A insistencia dos socialistas arteixáns impulsa cambios no control de ruídos do concello