A insistencia dos socialistas arteixáns impulsa cambios no control de ruídos do concello

O PSOE insta ao goberno local a  regular os horarios das actividades molestas para asegurar o descanso da veciñanza.

O grupo municipal socialista preguntou no último pleno se o goberno local tiña previsto algún tipo de actuación para actuar no control de ruídos tal como se comprometera coa Valedora do Pobo en contestación á denuncia presentada por veciños da rúa Cidade de Bos Aires sobre as molestias causadas por un negocio no seu baixo.

O portavoz do grupo municipal socialista, Martín Seco, sinala que levan meses preguntando polas actuacións que debe realizar o goberno local “ante a situación de indefensión que vive a veciñanza do noso concello” pola aparición de actividades molestas por ruído nas súas vivendas.

Os socialistas opinan que é preciso reforzar a rigurosidade da fase preventiva de concesión de licencias deste tipo de actividades para evitar esas situacións, así como limitar os horarios de certas actividades “coa redacción dunha ordenanza de ruídos onde veña establecido”.

Por outra banda, consideran necesario esixir ter un mecanismo de control e limitación dos decibelios dos emisores de certas actividades molestas, e ter ao dispor do concello os equipos de medición necesarios para controlar os ruídos nas vivendas e axentes policiais e aos administrativos coa formación necesaria para cumprir coas indicacións do informe da Valedora do Pobo.

Martín Seco lembra que o grupo de goberno do PP comprometeuse coa Valedora do Pobo a “redactar unha ordenanza de control de ruídos, así como a ter ao persoal formado para tal fin e adquirir o material necesario realizar ese control” en resposta ao expediente existente aberto pola queixa presentada polos veciños da rúa Cidade de Bos Aires por ruídos e molestias causados pola academia de baile que se sitúa no seu baixo, que ten un horario de apertura autorizado polo concello ata as dúas da mañá, asimilando a súa actividade a unha actividade recreativa de ocio e entretemento.   

“No derradeiro pleno o goberno local cambiou o discurso e falou de redactar a ordenanza de control de ruídos e incluír a limitación de horarios en zonas tensionadas como no caso da academia” engade o portavoz socialista, pero “non é suficiente que se rebaixe a apertura das dúas da mañán ata as doce da noite, coas dez ou once da noite e media hora de peche era máis que suficiente”

“A día de hoxe, ante a falla de regulación municipal, depende da vontade do propietario do baixo ter unha actividade cun horario que respecte o descanso e saúde da súa veciñanza” denuncia Seco. “Aínda que o horario de apertura da academia de baile está asimilada á dun local de ocio con horarios de apertura de ata as dúas da mañá, podería ser corrixido cunha ordenanza de ruídos que incluíse estas cuestións como permite o decreto 106/2015 do 9 de Xuño da Xunta de Galicia” argumenta o voceiro socialista, a pesa de que o concelleiro delegado de urbanismo tenacísimo dijo desde setembro “que non valía para nada esta ordenanza anda que o decreto da Xunta de Galicia estableza un prazo dun ano para elaborala”.

Bloque de vídeo
Haz doble clic aquí para añadir un video con la URL o código de inserción. Más información
Anterior
Anterior

Os socialistas arteixáns solicitan unha beirarrúa na senda peonil da rúa Igrexa

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo denuncian deficiencias de seguridade viaria nas novas urbanizacións da Travesía de Arteixo