O PSOE de Arteixo solicita recuperar o dereito de participación e debate da oposición

Os socialistas presentan propostas para emendar a segunda modificación do ROM (Reglamento Orgánico Municipal) do goberno municipal presidido por Carlos Calvelo que reduce a participación dos grupos da oposición nos plenos.

Martín Seco: “Só pretendemos recuperar un debate normal como hai en calquera institución e que non se coarte o dereito a intervir aos representantes da ciudadanía”

O grupo municipal socialista de Arteixo ven de presentar propostas para a modificación da aprobación inicial do Reglamento Orgánico Municipal (ROM)  do Concello de Arteixo para recuperar o dereito de participación e debate da oposición dos plenos.

O portavoz socialista, Martín Seco, sinala que en xaneiro o goberno municipal presidido por Carlos Calvelo presentou unha segunda modificación do ROM na que se reducía drásticamente a participación dos grupos da oposición nas sesións plenarias.

Os socialistas denuncian que no documento presentado “se limita gravemente o dereito de participación e debate”, polo que presentan modificacións aos artigos 30, 31, 35 e 36 do ROM para recuperar os tempos de intervención na exposición de puntos da orde do día, no desenvolvemento e duración de debate, así como para a formulación dos rogos e preguntas polos concelleiros e concelleiras que os asinen.

Seco  insiste en que “estamos ante unha mostra evidente de autoritarismo” na que o alcalde corta os turnos de debate e “non nos deixa intervir nos rogos e preguntas” ao tempo que “monopoliza as intervencións e ocupa un 75% dos tempos do pleno”.

O voceiro socialista argumenta que “só pretendemos recuperar un debate normal como hai en calquera institución e que no se coarte o dereito a intervir aos representantes da ciudadanía” e manifesta a súa preocupación por este “retroceso democrático” no Concello de Arteixo.

Anterior
Anterior

O PSOE de Arteixo demanda unha xestión municipal máis áxil e transparente

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo pregunta pola iniciativa de arte urbano REMUAU