O PSOE de Arteixo pregunta pola iniciativa de arte urbano REMUAU

No ano 2009 nacía a Rede de Muros Municipais para rehabilitar espazos urbanos degradados por pintadas e darlle un espazo ás artes urbanas.

O grupo municipal socialista de Arteixo insiste en coñecer a situación na que se atopa a Rede de Muros Municipais creada para o desenvolvemento da actividade grafitera no concello así como saber o  estado da moción presentada polo grupo socialista para utilizar fachadas medianeiras para a elaboración de murais urbanos.

Martín Seco, portavoz do grupo municipal socialista, sinala que no ano 2009 nacía a Rede de Muros Municipais, un acordo entre o concello de Arteixo e a asociación Arteixo Creavinculada á cultura urbana para a visibilización e dignificación das artes do grafiti e hip-hop. con 8 espazos municipais para o seu desenvolvemento.

O obxectivo da iniciativa era rehabilitar espazos urbanos degradados por pintadas que nada tiñan que ver co grafiti e darlle un espazo a aqueles que queren desenvolver a súa arte urbana, como nas pontes do paseo fluvial de Arteixo ou o barrio de SolyMar.

“Dende entón, nada sabemos” continúa Martín Seco, que recorda tamén que no ano 2021 os socialistas presentaron unha iniciativa para loitar contra o feísmo no concello mediante  a arte urbana. A iniciativa  consistía en poñer en marcha “un plan de murais urbanos para mellorar as medianeiras dos edificios e apostar pola arte, tal e como fan moitos concellos galegos, como Lugo, Carballo ou Fene” sinala Seco, e no mandato anterior “denunciamos que o goberno local seguise sen cumprir o acordo tomado” para poñer en marcha un programa de murais urbanos para poñer medianeiras dos edificios e outros espazos ao dispor dos artistas.

“A iniciativa foi aprobada por unanimidade pero como é habitual neste grupo de goberno, segue sen executar” explica o concelleiro socialista, así que “queremos saber” cal é a situación na que se atopa a rede de muros municipais para o desenvolvemento da actividade grafitera no concello e cal é o estado da moción presentada polo grupo socialista para utilizar fachadas medianeiras para elaborar murais urbanos.

Anterior
Anterior

O PSOE de Arteixo solicita recuperar o dereito de participación e debate da oposición

Siguiente
Siguiente

Sen noticias sobre o local para a Asociación Veciñal Manuel Murguía de Arteixo