O PSOE de Arteixo pide ao goberno local que inste á Xunta de Galicia a aceptar a condonación de débeda proposta polo goberno do Estado

O PSOE de Arteixo pide ao goberno local que inste á Xunta de Galicia a aceptar a condonación de débeda proposta polo goberno do Estado

O grupo municipal socialista de Arteixo presentar unha moción no pleno para instar ao goberno de Galicia a aceptar a condonación de débeda proposta  polo goberno do Estado, porque permitirá liberar un terzo da débeda autonómica (máis de 4.000 millóns de euros) que poderán ser destinados a servizos públicos e a financiar os concellos galegos.

Asemade, propoñen instar aos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados a aprobar as medidas que o goberno do Estado impulsa para facilitar as entregas a conta ás CCAA, e que estas poidan repercutir unha parte destes fondos en financiar as competencias dos concellos galegos.

O portavoz do grupo municipal socialista, Martín Seco, argumenta que o actual modelo de financiamento autonómico, vixente dende fins da primeira década do século e aprobado baixo o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, foi beneficioso para Galicia debido á consideración das variables que afectan de maneira especial á xestión e garantía dos servizos para as persoas. No caso de Galicia o envellecemento ou a dispersión xeográfica da poboación son dificultades para eses servizos, pois aumentan a demanda e complican a fixación deles de maneira capilar respecto da poboación beneficiaria.

Este modelo está, non entanto, necesitado de ser reformulado, puntualiza Seco. “15 anos despois da súa posta en funcionamento a realidade é distinta, e as esixencias de financiamento son diferentes”. Nesta liña o Goberno do Estado ten amosado a súa vontade de ser proactivo nesta reformulación e de chegar a un acordo beneficioso para todas as administración implicadas (CCAA e Goberno do Estado) que pretende dotar de maiores recursos ás CCAA, ao liberar de débeda ás propias Comunidades Autónomas, que poderán ver reducida a contía que hoxe inclúen nas súas contas.

“Pero o principal partido da oposición no Estado e que gobierna en Galicia, o PP, destacou sempre por soster infundadas opinións pois non existiu ningunha proposta firme ata o de agora”. “A realidade da proposta de condonación de débeda formulada polo Goberno do Estado é enormemente máis ambiciosa que calquera que se formulase antes, e ofrece para Galicia unha condonación da súa débeda de 4.000 millóns de euros” afirma Martín Seco que hembra que  Galicia ten, hoxe en día, unha débeda autonómica superior aos 12.000 millóns, xerada fundamentalmente polos gobernos do PP dende 2009 que triplicaron a débeda nos 15 anos de goberno. “Un terzo desa débeda será asumida polo goberno do Estado no caso de acollerse a este plan”.

O cómputo do sistema realízase en función da poboación axustada, o que implica a contabilización das dificultades para ofrecer servizos á poboación, cuestión que mantén criterios que según os socialistas “son determinantes para Galicia” porque este sistema de cómputo por poboación axustada permite que Galicia, que ten o 5,5% da poboación de España, reciba fondos con un cálculo sobre o 6,7% para ter en conta as características singulares.  Tamén cabe mencionar que o sistema computa baixo o conxunto da débeda, non priorizando o feito de que algunhas CCAA teñan máis débeda adquirida co Estado e outras co sistema privado. Este modelo de condonación computa o total, o que equipara ás CCAA e evita desequilibrios. “Estas características teñen sido sinaladas tamén por expertos en financiamento, como o Foro Económico de Galicia, como elementos de relevancia para poder acollerse a un sistema de condonación de débeda” singla o voceiro socialista.

 “A actual negativa a acollerse á condonación da débeda é un error enorme, que unicamente responde ao interese partidista ao que se somete o goberno de Galicia” opina Seco, “porque este finaciamento permitiría, ademais, que o goberno de Galicia puidese cumprir coas súas obrigas cos concellos aos que somete a un infrafinanciamento que pon tamén en risco a posibilidade de ofrecer os servizos na calidade necesaria, como o caso do SAF”.

 

Anterior
Anterior

O PSOE solicita ao goberno de Arteixo que ningún deportista quede sen bolsa por falla de crédito como en 2024 

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo denuncia o estado de abandono do parque de Monticaño