O PSOE solicita ao goberno de Arteixo que ningún deportista quede sen bolsa por falla de crédito como en 2024
Os socialistas denuncian que un único deportista recibe 50.000 euros de xeito nominal mentres o resto de solicitantes concursan por un total de 20.000 euros para todos en concorrencia competitiva.
O grupo municipal socialista votou a favor as liñas de subvencións por vía de concorrencia a clubes deportivos e e as bolsas a deportistas no pasado pleno de marzo, aínda que demandou cambios para unha mellor distribución das axudas.
O voceiro socialista, Martín Seco, argumenta que “hai que adaptar as bases para que todos os clubes deportivos reciban unha axuda” sen que existan determinadas entidades que eluden a concorrencia competitiva establecida por lei para por ter unha subvención nominal.
“No ano 2025 non é aceptable que algúns clubes do noso concello se queden sen algunha liña de axudas por deficiencias na súa solicitude ou que incluso tres entidades queden fora de todas elas, mentres existen outros clubes reciben axuda sen máis”, sinala Seco que insiste en que “a lei establece que a subvención nominal é algo excepcional á norma, e existen fórmulas para que todas as entidades poidan recibir unha axuda polo magnífico traballo que realizan”. O portavoz socialista engañe que ademais “a cantidade establecida, 262.000 euros, leva 4 anos conxelada e debera de actualizarse, xa que os gastos e a cantidade de clubes que concorren ás axudas aumentaron”.
Por outra banda, os socialistas pediron no pleno do concello, que o goberno local elimine a subvención nominal de 50.000 euros “que o PP concede a un só deportista sen ter que demostrar méritos”, mentres o resto dos deportista individuais, teñen que concorrír a unha bolsa, que ten 20.000 euros para repartir entre todos os solicitantes.
O voceiro socialista solicitou en sesión plenaria que “eses 50.000 euros de subvención nominal se sumaran aos 20.000 actuais da liña de bolsas para que todos poidan ter axuda municipal en igualdade de condicións, xa que afirma que “no ano 2024, a liña de becas tivo 28 solicitudes e 11 deportistas quedaron sen ela”, algúns deles por falla de crédito para atender a todas a solicitudes. “Unha realidade que foi negada polo alcalde no pleno, pero que é unha información pública que se pode contrastar” remata Seco.