Levamos a pleno | Outubro 2022

A saturación das instalacións deportivas coas actividades municipais, reivindicación para Uxes e Morás, a dinamización da romería de Pastoriza, o caso das facturas de SUMARTE, a instalación dun paso de peón no antigua tramo da Avenida de Caión, a paralización do PXOM (outra vez), o estado dos lavadoiros e a orde de derriba da gasolineira de Petroprix.

No pleno ordinario de outubro, o grupo socialista no concello de Arteixo presentaremos duas mocións para urxir ao goberno local a paliar a situación de saturación nas instalacións deportivas e para instar a que o goberno cubra o campo da festa de Uxes e abrir un centro social cun parque de xogos infantil en Morás do medio.

Tamén faremos dous rogos para pedirlle ao goberno a dinamización da romería de Pastoriza coa financiación dun programa de actividades, tamén pediremos que analicen o caso das facturas de SUMARTE e que se informe debidamente á veciñanza e outro dos rogos será para a instalción dun paso de peóns no antigo tramo da Avenida de Caión.

PREGUNTAS

Queremos saber a situación dos programas de mantemento e recuperación dos lavadoiros e fontes do concello, tendo en conta o estado de deterioro do lavadoiro e a fonte do camiño de Oseiro a Rañobre.

Pediremos explicacións sobre a orde de derriba dunha gasolineira local para saber se o goberno municipal solicitou un informe de urbanismo pola licenza “irregular” concedida á gasolineira de Petroprix, se o concello ten presentado o recurso anunciado contra a sentenza da derriba e cales son os custes que terá que asumir o concello polo erro na concesión da licenza.

E novamente denunciaremos a paralización do Plan Xeral de Ordenación Municipal e preguntaremos polas actuacións para finalizar o deslinde co concello de Culleredo e negociar o deslinde coa cidade de A Coruña e en qué situación se encontra a redacción do PXOM.

Anterior
Anterior

O PSdeG de Arteixo denuncia que a cidadanía ten que pagar as indemnizacións e derribas causados polo urbanismo á carta do PP mentres a elaboración do PXOM segue paralizada.

Siguiente
Siguiente

O PSdeG-PSOE de Arteixo instará ao goberno local a dar explicacións sobre a orde de derriba dunha gasolineira local