O PSdeG de Arteixo denuncia que a cidadanía ten que pagar as indemnizacións e derribas causados polo urbanismo á carta do PP mentres a elaboración do PXOM segue paralizada.

Os socialistas preguntarán ao goberno local polas actuacións para finalizar o deslinde co concello de Culleredo e negociar o deslinde coa cidade de A Coruña e en qué situación se encontra a redacción do PXOM.

O Grupo Municipal Socialista pregunta no pleno pola a paralización do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Arteixo, xa que non se coñecen novos pasos para a súa redacción, así como que iniciativas se teñen levado a cabo para finalizar o deslinde con concello de Culleredo e para negociar o deslinde coa cidade da Coruña, xusto na semana que a xustiza ordena unha nova derriba causada polo urbanismo de “amiguetes” do PP.

Os socialistas arteixáns consideran prioritario que o concello conte cun bo inventario de bens, finalice os deslindes cos municipios veciños e elabore un Plan Xeral de Ordenación Municipal para darlle calidade de vida á veciñanza.

A voceira dos socialistas no concello de Arteixo, Patricia Boedo, indica que eses documentos son “esenciais para o futuro do noso municipio”, xa que unha boa planificación é a base para “construír o presente e o futuro do noso concello”.

O inventario de bens foi aprobado recentemente “nun proceso caótico e pouco riguroso” que o grupo de goberno aprobou “sen un traballo previo serio e fallo de participación, tanto que neste pleno teñen que facer unha actualización para incluir colexios, os campps de fútbol e a propia Ponte dos Brozos” di Boedo e insiste en que os deslindes cos concellos de Culleredo e A Coruña seguen sen facerse realidade, 12 anos despois da chegada ao goberno de Carlos Calvelo, “un alcalde que fixo unha campaña electoral no 2011 moi ligada á necesidade de ter realizado o deslinde do núcleo de Meicende coa cidade herculina e que a día de hoxe semella non preocuparlle”.

“A pesar da promesa do actual alcalde dicindo que non volvería a presentarse como candidato se Arteixo non contaba co PXOM no 2015, das múltiples iniciativas presentadas polo noso grupo e o compromiso de que antes de finalizar o 2021 o goberno licitaría un novo contrato, atopámonos a finais de 2022 e seguimos a esperar por dita tramitación” sinala a concelleira socialista, e “Arteixo segue sen solo público para dotar de servizos educativos, deportivos, sociais; a cidadanía do rural esperando a ver que sucede coas súas propiedades eos mozos e mozas agardando por iniciativas para poder alugar ou adquirir vivendas a un prezo razoable”.

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo instan ao grupo de goberno do Partido Popular a analizar o incremento das últimas facturas da auga ao nome da empresa SUMARTE

Siguiente
Siguiente

Levamos a pleno | Outubro 2022