O goberno local de Arteixo segue sen dar explicacións polas irregularidades na recollida do lixo 

 Os socialistas denuncian a participación na recollida do lino do concelleiro responsable sen capacitación nin seguro, así como a persecución a un delegado sindical ademais do incumprimento de horarios establecidos no estatuto dos traballadores e os excesos de carga dos camións.

O grupo municipal socialista leva varios meses preguntando pola situación que está a vivir o persoal do servizo de recollida do lixo do concello de Arteixo sen que o grupo de goberno do PP dea explicacións á multitude de irregularidades detectadas.  

O portavoz socialista, Martín Seco, explica que o concelleiro responsable do servizo “non contesta ás cuestións plantexadas polo grupo socialista ou minte sen complexos en sede pública, mentres amosa o seu carácter autoritario cos empregados ao seu cargo”.

Os socialistas afirman ter constancia de varias irregularidades no servizo, como o incumprimento dos descansos semanais e diarios establecidos  no estatuto dos traballadores; excesos de carga nos camións durante a recollida, que veñen reflexados no aportado polo capataz; camións que saen ao servizo sen as condicións de seguridade necesarias, tal e como afirma a policia local nun informe; multitude de percorridos (non unha soa rúa como afirma o concelleiro), que non respectan a regulación de tráfico; así como o acceso dos camións a instalacións de empresas privadas recollendo lixo sen cumprir a norma.

Por outra banda, os socialistas denuncian a participación do concelleiro na recollida do liso conducido camións sen ter a capacitación nin un seguro, coa gravidade de participar sen utilizar os equipos de protección individual, “algo que puidemos observar cos nosos propios ollos”. Tamén sinalan “a persecución do grupo de goberno a un delegado sindical por facer a súa función, ao que se lle abriu un expediente de gravidade” por unhas supostas agresións a outro compañeiro. “Un expediente que está na xustiza xa que se tomaron medidas disciplinarias sen ter probas desa agresión que o acusado nega, e que o grupo socialista investigará e pedirá responsabilidades se queda demostrado que foi para impedir ao traballador facer a súa labor sindical” explica Seco.

O grupo socialista preguntou xa hai meses pola situación denunciada polos traballadores e dende o grupo de goberno “se amosou e ofreceu un informe elaborado polo capataz, que nunca se nos entregara ata o último pleno a pesar de solicitalo en multitude de ocasións”.   “Despois de analizalo podemos observar como se confirman as denuncias realizadas polos traballadores” conclue o concelleiro socialista.

“Ante a gravidade das irregularidades detectadas na recollida do lixo o concelleiro responsable debe dar explicacións e tomar medidas para solucionalas, ademáis de respectar os dereitos laborais e sindicais dos que dirixe, do contrario debería de dimitir ou ser cesado polo alcalde” remata Seco.

Anterior
Anterior

O PSOE solicita ao goberno de Arteixo que controle as continuas verteduras ao río Bolaños

Siguiente
Siguiente

O PSOE solicita ao goberno de Arteixo que ningún deportista quede sen bolsa por falla de crédito como en 2024