Unanimidade na nosa proposta para ampliar a exención da taxa de terrazas e da feira durante 2021

pleno1.jpg

Unanimidade para ampliar durante este ano a exención da taxa de terrazas e a dos postos da Feira de Arteixo. Presentamos no pleno de hoxe unha moción solicitando esta medida, dado que un dos sectores máis afectados pola pandemia está a ser o da hostalaría que leva a sufrir peches totais ou practicamente totais en Arteixo desde marzo do ano pasado.

A gravidade da pandemia continúa na actualidade e as restricións para conter os contaxios tamén. Por elo, nós e o resto da corporación, consideraron necesario que a hostalería non teña que facer fronte a taxa de terrazas durante todo o ano 2021 para axudar a que se manteñan estes negocios e, polo tanto os postos de traballo que xeran. Do mesmo xeito, propuxemos esta exención tamén aos postos do feirón.

Unha vez aprobada a moción, concelleiros e concelleiras acordaron que na próxima sesión plenaria, o Goberno local levará a aprobación da medida, a través dunha modificación nas ordenanzas correspondentes.

A corporación rexeita o proxecto das liñas de alta tensión desde Monteagudo ao polígono de Morás. A través dunha moción institucional, solicitamos a súa retirada e poñer os servizos municipais a disposición da veciñanza para informarlles e facilitar que presenten alegacións

Outra das nosas mocións que saíron adiante (coa abstención do PP) foi a de instar á Xunta a crear un Fondo para loitar contra a covid de 100 millóns de euros. No seu escrito, ,os socialistas explicaban que esta partida estaría destinada ás corporacións locais e distribuída con criterios obxectivos para loitar contra a pandemia. Os concellos foron e están a ser as administracións máis próximas e que están a responder ás necesidades máis inmediatas da veciñanza provocadas polo coronavirus.

Noutros asuntos do pleno, a corporación aprobou unha moción institucional contra o proxecto de liña de alta tensión desde Monteagudo ata o polígono de Morás. Nos acordos do texto inclúense o rexeitamento da corporación a dito proxecto e solicitar á empresa a retiralo así como á Xunta a declaración de impacto ambiental negativo. Convocar unha reunión de voceiros na que se convide á Vicepresidencia Segunda e conselleiro de Economía e poñer os servizos municipais a disposición da veciñanza para informarlles e facilitar a cumplimentación dos trámites de alegacións.

Neste último punto, o voceiro socialista, Simón López fixo fincapé na necesidade de que o Concello facilite un modelo tipo para alegar e animou a todos os veciños a mostrar á Xunta o seu rexeitamento a esta liña de alta tensión.

O terceiro Plan de Igualdade de Oportunidades (2021-2024) contou co voto favorable de todos os concelleiros, así como a participación no POS+ 2021 e Plan Complementario para levar a cabo a nova condución de auga potable da Travesía de Oseiro; senda peonil Coque-Igrexario de Larín e melloras de accesibilidade no entorno da gasolineira de Vilarrodís. Asemade, saíu adiante por unanimidade a Participación no POS+ adicional 1/2021: reforzo de persoal técnico ou administrativo e ampliación de partidas orzamentarias en Servizos Sociais (171.067,23€).

Anterior
Anterior

Esiximos que se tomen medidas para a detección de asintomáticos nos centros educativos de Arteixo

Siguiente
Siguiente

Preguntaremos se o centro de Meicende cumpre as condicións legais para dar clase e elaborar os menús sobre Rodas