Esiximos que se tomen medidas para a detección de asintomáticos nos centros educativos de Arteixo

Acabamos de presentar por rexistro unha solicitude para que se tomen medidas extraordinarias para a detección de asintomáticos nos centros educativos. A situación da Covid nalgúns centros do municipio “é alarmante, cun importante número de casos detectados e a preocupación esténdese por todos os estratos da comunidade educativa”, afirma o voceiro socialista, Simón López.

covid-19-5010565_1280.jpg

Neste escrito, solicitamos ao Goberno local que dea traslado á Xunta desta inquietude e pida medidas extraordinarias encamiñadas á detección de posibles casos asintomáticos. Na mesma liña, reclamamos que se proceda á limpeza desinfección extrema dos centros educativos.


Cabe recordar que hai uns días, podíamos ler que Arteixo estaba á cabeza dos centros educativos de Galicia con máis positivos por coronavirus. “O Goberno galego debe tomar xa medidas urxentes no noso municipio e frear na medida do posible o elevado número de contaxios que se está a dar nos colexios e institutos”, expón López.

Anterior
Anterior

Informou Calvelo a Feijóo da posición contraria do pobo de #Arteixo á nova liña de alta tensión?

Siguiente
Siguiente

Unanimidade na nosa proposta para ampliar a exención da taxa de terrazas e da feira durante 2021