Preguntaremos se o centro de Meicende cumpre as condicións legais para dar clase e elaborar os menús sobre Rodas

restaurant-1284351_1280.jpg

O centro de formación de Vilarrodís leva pechado desde outubro de 2019 despois dun escape de gas. De maneira provisional trasladouse a súa actividade ao centro de formación de Sabón e ao centro cívico de Meicende (dous días á semana). Esta solución temporal continúa máis dun ano despois e preocúpanos “se o centro de Meicende cumpre coas prescricións técnicas suficientes” para desenvolver as clases e preparar os menús diarios do Comedor sobre Rodas. Preguntaremos no pleno pola idoneidade do inmoble de Meicende e os motivos polos que as instalacións de Vilarrodís seguen cerradas.

Destacamos o deterioro das instalacións de Vilarrodís xa que o Goberno local non informou en ningún momento das “inversións realizadas para o seu mantemento e adecuación” para os cursos de cociña e hostalería. Tampouco se aclarou se “as inversións orzamentadas para a dotación deste centro foran realmente empregadas nel ou desviadas para outro centro formativo cuxo uso non é municipal”.

Por iso, preguntaremos polos planes do Goberno local para as instalacións de Vilarrodís e se teñen algún “proxecto, plan ou similar de modernización, mantemento e acondicionamento” e onde se atopa o mobiliario, menaxe ou electrodomésticos do mesmo.

Anterior
Anterior

Unanimidade na nosa proposta para ampliar a exención da taxa de terrazas e da feira durante 2021

Siguiente
Siguiente

Propoñemos que se amplíe a exención da taxa de terrazas e da feira durante 2021