Levamos a pleno | Febreiro 2023

A defensa do Servizo da Atención a Domicilio, un concello amigo das mascotas e concienciado coa limpeza dos espazos públicos, investimentos para o Alto de Arteixo, o proxecto da comisaría da Policía Nacional, o programa de arte urbana en medianeiras e de novo a situación do PXOM.

No pleno ordinario de febreiro, o grupo socialista no concello de Arteixo presentaremos duas mocións para urxir ao goberno local a teder as demandas de usuarios e persoal do Servizo de Atención a Domicilio e para que o concello sexa “pet friendly” ao tempo que se conciencia á veciñanza da importancia da limpeza dos espacios públicos.

ROGOS E PREGUNTAS

Os rogos se centrarán en solicitar investimentos para o barrio do Alto de Arteixo.

E preguntaremos polo proxecto de construción dunha comisaría de Policía Nacional e asituación da policía local, sobre a perda dunha liña de subvencións da Deputación para o programa de arte urbana en medianeiras o sobre a situación do PXOM

Anterior
Anterior

Patricia Boedo propón co apoio da executiva local a Fernando Vázquez Martínez como número 2 da candidatura dos socialistas de Arteixo nas eleccións municipais de maio

Siguiente
Siguiente

O grupo municipal socialista de Arteixo acusa ao goberno local do PP de perder unha liña de subvención da Deputación para un programa de arte urbana