Patricia Boedo propón co apoio da executiva local a Fernando Vázquez Martínez como número 2 da candidatura dos socialistas de Arteixo nas eleccións municipais de maio
O empresario, secretario da asociación de veciños San Xosé Obreiro e directivo do Sporting Meicende, é a aposta da candidata socialista para mellorar o servizo de promoción económica do concello.
A candidata do PSdeG-PSOE de Arteixo, Patricia Boedo, ven de propoñer á Comisión Executiva Municipal a Fernando Vázquez Martínez como número 2 da candidatura para as vindeiras eleccións municipais de maio.
Patricia Boedo explica que a elección do empresario, secretario da AA.VV. San José Obrero e directivo do Sporting Meicende é unha “aposta persoal para mellorar o servizo de promoción económica de Arteixo” para que “a nosa xuventude poida acceder aos postos de traballo das empresas que hai no concello actuando intensamente na formación e na xeración de convenios co núcleo empresarial para mellorar así a bolsa de emprego e priorizar a contratación de veciños e veciñas do noso concello”.
Boedo destaca tamén o compromiso veciñal de Fernando Vázquez que participa habitualmente na vida diaria do concello, especialmente en Meicende, a nivel laboral coa súa xestoría pero tamén social no tecido asociativo a través da AA.VV. San José Obrero e no Sporting Meicende.
FERNANDO VÁZQUEZ MARTÍNEZ
Fernando Vázquez Martínez ten 58 anos e conta cunha longa traxectoria laboral de máis de 35 anos de traballo, os últimos 20 como autónomo dedicado á asesoría e administración de xestión TRAHER.
É directivo do Sporting Meicende, Sociedad Recreativa, Instructiva y Deportiva La Esperanza desde hai 16 anos e secretario da AA.VV. San José Obrero durante os últimos 12 anos.