Arteixo modifica por segunda vez o Reglamento Orgánico Municipal para limitar a participación dos grupos da oposición

Os socialistas acusan ao alcalde Carlos Calvelo de cortar os turnos de debate e de non permitir intervencións nos rogos e preguntas.

Martín Seco: “A oposición ten cada día menos dereito de participación

Os socialistas de Arteixo denuncian que o goberno municipal presidido por Carlos Calvelo ven de modificar por segunda vez o ROM (Reglamento Orgánico Municipal) para reducir a participación dos grupos da oposición nos plenos.

O portavoz socialista, Martín Seco, explica que o alcalde Carlos Calvelo volve modificar novamente o Reglamento Orgánico Municipal “para reducir o dereito de participación da oposición”. “Pleno tras pleno vemos como o alcalde non deixa de facer trampas no debate” relata Seco. “Nunha mostra evidente de autoritarismo, córtanos turnos de debate e non nos deixa intervir nos rogos e preguntas” continúa o voceiro socialista, que manifesta a súa preocupación por este “retroceso democrático” no Concello de Arteixo.

Os socialistas arteixáns xa denunciaran en novembro de 2024 a actitude do alcalde Carlos Calvelo no plenos con continuas faltas de respecto á oposición, especialmente ao seu portavoz, Martín Seco, ao que se dirixiu en varios plenos con insultos, berros e con interrupcións “simplemente polo feito de facer o seu traballo de fiscalizar o labor de goberno e traballar polo interese da veciñanza arteixá”.

“Lembrámoslle ao alcalde ás súas propias palabras cando apelaba ao diálogo e se comprometía a traballar coa oposición” engade Seco, “mentres agora non é capaz de dirixir o pleno sen manter o mínimo respecto institucional e limita a participación da oposición nos plenos”

Segundo o portavoz socialista, esta nova modificación do ROM é a proba do “autoritarismo” de Carlos Calvelo e que “segue a confundir a maioría absoluta con absolutismo”. “Arteixo merece outra forma de gobernar” remata Martín Seco.

 

 

 

Anterior
Anterior

O PSOE de Arteixo lamenta a incapacidade do alcalde Carlos Calvelo para dialogar co ministro de Transportes

Siguiente
Siguiente

PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños instan ao goberno local de Arteixo a iniciar “sen demora” o proxecto de construción dunha nova residencia municipal de maiores