O PSOE ESIXE QUE A XUNTA RETIRE O PROTOCOLO DA COVID PARA OS CENTROS ESCOLARES E CONSENSÚE UN NOVO
Os socialistas levan unha moción ao pleno de Arteixo na que solicitan que o Goberno galego dialogue coas familias e o resto da comunidade educativa, ademais de dotar de persoal e recursos suficientes para garantir a seguridade física e psicolóxica do alumnado e profesorado
O grupo municipal
socialista levará ao pleno de Arteixo unha moción na que esixe á Xunta que retire
o actual Protocolo de Adaptación dos centros escolares ao contexto da Covid-19
e consensúe un novo coa familias e o resto da comunidade educativa. Os
socialistas explican que o texto autonómico non se deu a coñecer antes do 16 de
xullo por motivos “claramente electorais” e que “non muda nada para non ter que
investir nin un céntimo”, limitándose a establecer normas sanitarias de
ocupación de espazos. Ademais, o protocolo repite o “erro do terceiro trimestre
pasado” ao deixar en mas das direccións dos centros “a responsabilidade da
organización”.
Máis en concreto, o
grupo municipal socialista detecta as seguintes fallas no protocolo: esixen un
metro de separación nas aulas, que é “absolutamente insuficiente”, de feito, no
propio documento se establece esta separación en clase e de 1,5 na sala de
profesores.
É
“irresponsable” que a estratexia sanitaria dependa da autodiagnose de alumnado
e familias. A Xunta converte os centros escolares en “prisións ateigadas de
normas de funcionamiento” nuns espazos e noutros permte o “seu
ateigamente”, por exemplo na ocupación
dos baños, no primeiro, e o no transporte, no segundo caso. “O que non supón un
custo económico é rotundamente estrito, no que suporía máis gasto, a consellería
permitirá todas as excepcións posibles”.
A limpeza
debe corresponder a profesionais. Non se pode admitir que sexa o allumnado quen
se encargue dos labores de hixiene, “non porque non deban aprender a facelo,
senón porque a súa inexperiencia faraos ser ineficaces.
Non se menciona a atención
á diversidade, “fálase algo do alumnado con necesidades especiais –só como
persoas con dificultades para manter a hixiene persoal- pero obviase calquera
circunstancia que non responda ao estándar que a consellería ten fixado”.
Descoñécese como se vai
asegurar a atención permanente ao alumnado no caso de que un estudante non
poida asisten a clase durante un período indeterminado, ou no caso de
hipotético peche das instalacións. A fenda dixital segue a estar aí.
Non hai unha previsión
sobre os custes económicos das medidas sanitarias, para as familias nin para os
propios centros educativos. “Demandamos que a consellería asuma a totalidade
dos gastos producidos para toda a comunidade educativa”.
Para os socialistas é
fundamental que as familias estean presentes na organización da volta ás aulas
e a Xunta ten que asumir a responsabilidade directa do que se decida e asegurar
un cumprimento igual en toda Galicia. Ademais, a Consellería de Educación “ten
que asumir que incrementar a distancia de separación entre o alumnado implica
unha diminución de rateos e a necesidade de contratar máis persoal”. Tense que
garantir que os centros escolares manteñan un clima de convivencia pacífica,
cordial e saudable, combinando as necesidades sanitarias cun modelo de xestión
axeitado para que o alumnado se sinta implicado e seguro, e que as familias e
docentes teñan un grado de seguridade razoable. É fundamental que este
protocolo consiga un nivel óptimo de implementación e consenso coa comunidade
educativa.
Tendo en conta todo
isto, o socialistas de Arteixo solicitan o respaldo do pleno para que o
Concello inste á Xunta de Galicia a retirar o actual protocolo e consensúe un
novo coa comunidade educativa. Esixir á Consellería de Educación a inversión
suficiente en recursos humanos e materiais para asegurar a necesaria seguridade
física e psicolóxica do alumnado e profesorado. Pedir á consellería a creación
dun departamento de inspección, coordinación e asesoramento de centros ao igual
que o hai para a Consellería de Política Social.