O PLENO ESIXE Á XUNTA QUE RETIRE E CONSENSÚE UN NOVO PROTOCOLO DA COVID PARA OS CENTROS ESCOLARES A PETICIÓN DO PSOE
·Os socialistas apoian a gratuidade da escola infantil
para os segundos fillos das familias do municipio
·O grupo socialista recorda que o “Goberno permite aos Concellos con remanentes de tesourería investir máis en coidados, mobilidade, desenvolvemento sostible e cultura”
A corporación de Arteixo aprobou hoxe por unanimidade a moción
presentada polo grupo municipal socialista na que se esixe á Xunta a retirada
do Protocolo
de Adaptación dos centros escolares ao contexto da Covid-19 e consensúe un novo
coa familias e o resto da comunidade educativa. Na mesma, se pide á Consellería
de Educación a inversión suficiente en recursos humanos e materiais para
asegurar a necesaria seguridade física e psicolóxica do alumnado e profesorado.
Pedir á consellería a creación dun departamento de inspección, coordinación e
asesoramento de centros ao igual que o hai para a Consellería de Política
Social. O texto foi aprobado despois de que os socialistas aceptasen as
suxestións do PP e do BNG.
Durante a sesión plenaria
de hoxe, o grupo municipal do PSdeG votou a favor da modificación da ordenanza
fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo da escola
infantil, o que supón a gratuidade para os segundos fillos. O grupo socialista
tamén apoiou o punto relativo ás subvencións a entidades locais mediante
concorrencia competitiva para actividades e equipamentos culturais.
Respecto a moción presentada
polo PP para instar ao Goberno de España a non apropiarse dos fondos
municipais, o grupo municipal socialista recordoulles aos concelleiros
conservadores que “o Goberno non se incauta do diñeiro dos Concellos. O Goberno
finánciase sen problemas e a taxas negativas e non precisa o remanente de
tesourería dos Concellos. O que fai o Goberno é permitir aos Concellos con
remanentes de tesourería investir máis en coidados, mobilidade, desenvolvemento
sostible e cultura”.
Os socialistas abstivéronse na presentada polo concelleiro non adscrito na que solicitaba que se arranxen os defectos estruturais das obras de urbanización da rúa Maizales, en Vilarrodís. Os concelleiros socialistas solicitaron ao Goberno local que “solucione o antes posible” estas deficiencias. “Os veciños teñen todo o dereito do mundo a non sufrir os desfalcos urbanísticos do Goberno de Manuel Pose”.