Simón López será o voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE en Arteixo
O actual secretario xeral asumirá esta responsabilidade dunha maneira “máis coral”, tal e como se ten acordado na agrupación
O actual secretario xeral do PSdeG-PSOE en Arteixo, Simón López, será o voceiro do grupo municipal socialista. López toma o relevo a Martín Seco, despois de que renunciara a súa acta de concelleiro
–seguindo os estatutos do partido- para emprender unha nova etapa política no Parlamento galego.
López estudou Ciencias Empresariais na UDC e na actualidade compaxina o seu traballo na empresa familiar coas labores de edil no Concello de Arteixo dende xuño de 2019, e de secretario xeral na agrupación socialista dende febreiro de 2018.
O socialista explica que realizará as funcións de voceiro dunha maneira “máis coral” do que viña sendo habitual, tal e como se ten acordado nos órganos de decisión da agrupación arteixá.
Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo queren agradecer a Martín Seco o traballo desenvolto estes anos no municipio e deséxanlle a mellor das sortes nesta nova etapa política.