Os socialistas esixen á Xunta inversións nas escolas e a construción de novos centros educativos en Arteixo



O grupo municipal leva unha moción ao pleno de xuño na que denuncia a saturación dos colexiose institutos do municipio e reclaman que a Consellería de Educación tome medidas para respectar asnovas ratios


O grupo municipal do  PSdeG-PSOE de Arteixo levará ao próximo pleno ordinario de xuño unha moción para exixir á Xunta as inversións necesarias no concello para cumprir coas ratios e distancia social establecidas polo Ministerio de Educación, e garantir “unha educación de calidade nuns espazos de convivencia axeitados”. Os socialistas de Arteixo levan anos denunciando “a masificación dos centros educativos do concello e a falta de inversión da Consellería de Educación para dotalos de infraestruturas, persoal e mantemento”. As ratios de alumnos de moitos centros educativos arteixáns é moi elevada e a saturación dos espazos é excesiva, ao que  hai que sumar “a falta de efectivos entre persoal de apoio e especialistas que limita a capacidade de levar a cabo unha boa xestión daqueles alumnos con máis problemas lectivos”.

Para “paliar a falta absoluta de compromiso e atención da Consellería de Educación”, o Concello de Arteixo leva a cabo “importantes inversións en obras e dotación tecnolóxica” nos centros educativos do municipio con contías de “dubidosa legalidade, segundo os propios informes de Intervención”, posto que sería unha inxerencia en competencias exclusivas do Goberno autonómico.

Coa aparición do Covid-19, o Ministerio de Educación establece unhas ratios de alumnos máis pequenos e unas instalación máis amplas para facer efectiva a distancia social que evite os contaxios, “algo que será imposible de efectuar en moitos centros educativos do noso concello, se a Xunta non toma medidas”, subliñan desde o PSOE arteixán.
Por elo, os socialistas instan á corporación a exixir ao Goberno galego a construción inmediata de novos centros de Educación Infantil e Primaria e de Educación Secundaria e Bacharelato, “necesarios nun concello coa saturación xa existentes”.

Ademais, o grupo municipal reclama a apertura en condicións de seguridade das Escolas Infantís que “posibiliten a conciliación. Recordan os socialistas que o responsable único da xestión da pandemia na actualidade é a Xunta, que decide as normas de desescalada como a apertura de parques infantís ou locais de hostalería ata o 75% de aforo, anunciase a celebración de verbenas…, pero “as Escolas Infantís e os centros de día seguen a estar pechados, imposibilitando a conciliación de moitas familias que non teñen recursos para poder traballar e coidar de menores e maiores ao seu cargo”, lamentan os socialistas.

Na súa moción, os socialistas propoñen que os técnicos da Concellería de Educación elaboren un informe da situación das necesidades nas infraestruturas educativas en Arteixo para o comezo do curso 2020-21 e as posibles alternativas que se poderían ofertar desde o Concello á Consellería de Educación para “garantir os espazos necesarios e as ratios axeitadas para o alumnado e profesorado na nova normalidade”.
Anterior
Anterior

A corporación aproba as mocións do PSdeG-PSOE relativas a melloras en educación

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo solicita ao Goberno que restaure o Muíño do Rañal dentro da ampliación do paseo fluvial