Antes de aprobar a modificación das normas urbanísticas do Polígono de Sabón, o Goberno do PP en Arteixo debera paralizar as licenzas para novos usos comerciais no seu interior, atendendo as nosas demandas e as realizadas polo Centro Comercial Aberto, apostando polo comercio local e un mellor tráfico nas súas rúas.


O Voceiro Socialista no Concello de Arteixo, Martín Seco, pediu fai meses sen éxito, a paralización de todas as novas licenzas comerciais no interior do polígono e agora ten que pedir a paralización da primeira solicitada, para que antes se atendan as demandas dos comerciantes arteixáns.

Dende o Grupo Municipal Socialista, pedimos en reiteradas ocasións que o Grupo de Goberno do PP fixese unha modificación pactada dos usos urbanísticos de todo o Polígono de Sabón e que apostábamos por mellorar a súa mobilidade interna, tanto peonil como de automóbiles e por concentrar o uso comercial na zona urbana e no ámbito do polígono integrado xa na malla urbana do noso casco urbano.
O Grupo de Goberno decidiu de forma unilateral facer modificacións a dedo, autorizando o uso dunha parcela do interior do polígono para usos comerciais, xusto un minuto antes de que se iniciara a modificación das normas de todo o polígono. Non entendemos a necesidade de levar a cabo esta actuación, sen facer antes un bo estudio do tráfico no interior do Polígono, e contestar as alegacións presentadas polo noso grupo e o que é máis preocupante, as presentadas pola asociación de comerciantes do CCA de Arteixo.
O Goberno Local debe decidir se quere apostar porque a actividade comercial se desenrole nos cascos urbanos e poida extenderse  á parte do polígono que xa está integrada na malla urbana, defendendo aos nosos comerciantes e a nosa cidadanía ou favorecer unha iniciativa privada, de empresarios que viñeron a pegar un pelotazo urbanístico, sen impórtalles o futuro do noso comercio local e os problemas que poden xerar estas instalacións no tráfico saturado dun polígono que conta con empresas de importante actividade económica a nivel nacional.

Sabemos que o PP vai a intentar dicir que o PSdeG-PSOE está en contra de que se instale unha nova cadea de supermercados en Arteixo, pero non é certo, estamos encantados de que cheguen esta cadea e moitas máis ao noso concello, pero non a calquera prezo e en calquera lugar, o primeiro son os nosos cidadáns, os comerciantes e hostaleiros que día a día xeran actividade e vida ao noso concello, a boa circulación de tráfico e o futuro dunha actividade industrial que é de vital importancia para todos.

Anterior
Anterior

O PSOE solicita novos equipamentos lúdicos para os centros sociais e a reparación de marquesiñas do transporte público

Siguiente
Siguiente

O Grupo de Goberno do PP vota en contra de dúas mocións do Grupo Socialista, que piden o aumento de prezo que paga a Xunta de Galicia no Servizo de Axuda a Domicilio e de melloras no servizo de pediatría dos nosos centros de saúde