O PSOE solicita novos equipamentos lúdicos para os centros sociais e a reparación de marquesiñas do transporte público
Fuente: mobiliariosurbanos.com |
O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicita a
instalación de novos elementos lúdicos nos centros sociais, destinados desta
volta á súa utilización por parte da xuventude do Concello. Por exemplo,
poderíanse instalar novas mesas de ping-pong e de xadrez exteriores en varios
destes centros sociais, coma o de O Foxo, na parroquia de Loureda. Trátase
dunha inversión pequena e que potenciaría a actividade cultural e deportiva
destes centros entre a mocidade.
O Grupo tamén lle require ao goberno local a elaboración
dun plan de mantemento das marquesiñas do transporte público, así como estudar
a colocación destes elementos protectores nas paradas que non dispoñan dos
mesmos. A promoción, a simplificación e a mellora da comodidade dos usuarios do
transporte urbano é esencial na época que vivimos, xa que vai ser un elemento
esencial da loita contra o cambio climático. Trátase de evitar situacións como
a dunha das paradas de Chamín, á altura do nº 110 da DP-0514, que non ofrece
ningunha protección ante as inclemencias do clima por carecer das proteccións
laterais. Neste senso, o PSOE reclama a súa reparación urxente.