O PSOE de Arteixo solicita a licencia de actividade da parcela incendiada en Sabón
A
executiva municipal socialista está preocupada, tras recibir chamadas de
veciños e traballadores dos arredores da parcela, polo incendio da planta de
compostaxe de Sabón -que leva expulsando fume 8 días-.
As
persoas máis afectadas directamente explican que a situación lles produce
varios problemas importantes: picores en ollos e gorxa, depósito de cinzas
sobre as súas casas, mala calidade do aire, etc.
Tras
realizar unha visita ao lugar puidemos comprobar como os malos cheiros afectan
á zona deportiva e de colexios, cun intenso cheiro.
Por
todo iso, acabamos de solicitar ao Concello a licencia de actividade pertinente,
unicamente ca finalidade de comprobar que esta existe, está en vigor e que se
axusta á legalidade vixente.