Os Socialistas de Arteixo preguntámonos por que o Grupo de Goberno do PP actúa ás costas aos veciños e comerciantes afectados pola na reforma que a Xunta de Galicia está desenvolvendo na Avenida de Fisterra.
Os veciños do entorno da Avenida de Fisterra, onde a Xunta de Galicia está desenrolando a ampliación do carril da AC-552, non entenden como se pode deixar sen atender as demandas de veciños e comerciantes, deixando sen planificar a implantación de novas zonas de aparcamento que faciliten a vida dos veciños, moi limitados neste entorno, e o estacionamento dos clientes de negocios que dependen en boa medida da súa existencia para desenrolar a súa actividade.
Ao Grupo de Goberno do PP en Arteixo e ao noso alcalde, éncheselles a boca de falar de que eles están preocupados única e exclusivamente dos problemas dos nosos cidadáns e curiosamente actúan de costas aos seus problemas cando chega a ocasión, non entendemos como Carlos Calvelo non reclamou da Xunta de Galicia que nesta obra se planificasen espazos de aparcamento, cando existen múltiples posibilidades para facelo, incluso con zonas que quedan a monte detrás das novas beirarrúas e menos entendemos que non lle de solución aos problemas de negocios que levan décadas no noso concello e que terán un futuro difícil sen a capacidade para que estacionen os seus clientes.
Que locais que levan desenrolando a súa actividade dende fai 60 anos como a Panadería Rozas, vexa en perigo a súa actividade pola eliminación de case todo o seu aparcamento frontal, sen que dende a Xunta de Galicia lle dean alternativas é lamentable, e o que é máis lamentable é que o noso alcalde deixe tirados a veciños e comerciantes e non esixa da Xunta de Galicia a instalación de máis aparcamentos na obra que están realizando, algo tecnicamente factible e prioritario para quen pensa nos seus veciños e non só nos intereses duns poucos.