O Grupo de Goberno do PP leva oito anos prometéndolles aos traballadores do Concello de Arteixo unha Valoración de Postos de Traballo, a derradeira vez xusto antes das eleccións municipais, cando a Mesa Xeral do Concello aprobou unha proposta que Calvelo lles dixo que aprobaría sen modificacións, mentres o Goberno Local agóchase na Casa Consistorial, o enfado e cansazo nos traballadores municipais vai en aumento, cun número elevado deles de baixa e mentres observan como o número e salario dos gobernantes e asesores crece exponencialmente
No
ano 2011 o goberno do PP de Carlos Calvelo, facía estas
declaracións:
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/07/05/ayuntamiento-arteixo-presentara-organigrama-trabajadores-despues-verano/511536.html.
Ano
tras ano, sobre todo nos períodos electorais de Maio de 2014 e Maio
de 2019, o goberno de Carlos Calvelo dicía ter avanzada a
negociación da nova Valoración de Postos de Traballo. Incluso neste
ano, dixo ter xa unha proposta feita pola parte sindical e aprobada
pola Mesa Xeral que sería aprobada polo goberno local sen ningún
tipo de modificación, nada raro nun equipo que carece de persoal
político preparado para a xestión do persoal e se dedica a nomear
asesores pola súa vinculación política ou familiar ao Partido
Popular.
Dende
que Carlos Calvelo fixo estas afirmacións, dende o Grupo Socialista
preguntamos en tres plenos diferentes pola situación na que se atopa
esta valoración de postos de traballo sen ter contestación e
incluso preguntamos a Interventora Municipal por esta situación, que
dixo descoñecer esta proposta.
O
Comité de Empresa e a Xunta de Persoal do Concello, levan
preguntando meses pola prometida aprobación desa proposta e o
goberno local segue sen mover ficha, mentres o enfado e cansazo dos
traballadores municipais vai en aumento, co que isto significa para o
servizo que reciben os cidadáns do noso concello e os propios
traballadores.
Situacións
denunciadas de posible acoso, persoal ao que se lle despraza
continuamente sen a súa aprobación, xente alonxada das súas
funcións por non ser cómodos para o goberno, despidos
inxustificados e anulados pola maxistratura, trato diferenciado a
persoal que realiza o mesmo traballo tanto no social como no
salarial, un elevado número de baixas laborais, a Policía Local sen
un número importante de efectivos, incluso durante períodos punta
como é a Feira 1900, onde non se visualizaba a presencia do noso
corpo de seguridade local.
O
Concello de Arteixo con máis de 30.000 habitantes e máis de 40
millóns de euros de orzamento non se merece unha xestión tan
deficiente e Carlos Calvelo non pode seguir vivindo das promesas
incumpridas de fai oito anos. O servizo de augas e recollida do lixo
non pode seguir nunha situación tan deficiente, cunha falla tan
evidente de persoal, con tres tipos de traballadores diferentes na
recollida, sen que se levaran a cabo os procesos para normalizar a
situación laboral do persoal que actualmente presta o servizo e
cando en Decembro remata a situación que teñen os empregados
subrogados da empresa que antes xestionaba o lixo dende o Consorcio
das Mariñas e os que se contrataron no proceso de contratación
temporal levado a cabo posteriormente. Esperemos que dende o Goberno
Local tomen as rendas para proceder do xeito indicado polos técnicos
municipais e non vexamos unha vez máis que se esquiva a lei por non
proceder a tempo, cando o servizo do lixo se municipalizou en 2017.
“ O
Goberno Local pode seguir escondido no interior da Casa Consistorial,
pero os cidadáns deben de saber porque existe unha mala xestión do
persoal do Concello e porque existen deficiencias nos servizos que
prestamos a cidadanía cos seus cartos, iso si, para os amigos e
familiares do PP contratados a dedo, non hai problema de salarios e a
falla de capacidade de xestión e cada día máis notoria” di o
voceiro Martín Seco.