Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O Grupo de Goberno de Arteixo debe explicar a situación na que se atopan as instalacións do Centro de Formación Ocupacional de Vilarrodís e garantir a seguridade dos usuarios de ditas instalacións, despois de que a finais da semana pasada, un escape de gas levara ao centro de saúde aos alí presentes”
Dende o Grupo Municipal Socialista estamos
preocupados pola situación das instalacións do Centro de Formación Ocupacional
de Vilarrodís, despois de que a semana pasada se producira un escape de gas,
que fixo que o persoal, alí presente, tivese que ser atendido polos servicios
sanitarios en Arteixo.
Levamos observando como estas instalacións, que
son utilizadas polos cursos municipais de cociña e hostalaría, están deterioradas
polo paso do tempo e descoñecemos as inversións en mantemento que se levaron a
cabo nos últimos anos para o desenrolo das actividades que alí se desenvolven.
Dende o noso grupo, solicitamos aos responsables
municipais explicacións sobre o sucedido a semana pasada e desexamos coñecer o
estado das instalacións desta infraestrutura municipal, pola seguridade dos
traballadores municipais, asistentes aos cursos e veciños do inmoble da Avenida
Platas Varela, ademais pedimos que se renoven as instalacións dun centro que
tanto éxito ten na reinserción no mercado laboral de moitos dos noso veciños.
“Esperemos que os gobernantes do PP de Arteixo
non busquen premeditadamente o deterioro destas instalacións, co gallo de
pechar este centro de formación ocupacional que leva ofrecendo un futuro de
reinserción laboral a tantos veciños e veciñas” di o voceiro do Grupo Municipal
Socialista, Martín Seco.
Os gobernantes do PP, deberan explicar así mesmo,
se todas as inversións que figuran nos últimos anos neste Centro Ocupacional
foron levadas a cabo nestas instalacións ou se derivaron cara outras
infraestruturas do noso concello que non son competencia municipal, algo que sería
completamente irregular e preocupante despois do visto a semana pasada.