O DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA REUNIUSE HOXE CO VOCEIRO SOCIALISTA EN ARTEIXO, E TRANSMITIULLE A DISPONIBILIDADE DO GOBERNO DE ESPAÑA A VALORAR E ESTUDAR A PROPOSTA DE CONCELLO DE ARTEIXO E XUNTA DE GALICIA CON RELACIÓN AO ENLACE DO PORTO EXTERIOR POR ESTRADA
O voceiro
do Grupo Municipal Socialista en Arteixo, Martín Seco, reuniuse esta mañán co
Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para preguntarlle pola posición
do Ministerio de Fomento en relación coa proposta de convenio feita pola Xunta
de Galicia e Concello de Arteixo en datas pasadas.
Dende
o Goberno de España e o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo recibimos con
sorpresa unha iniciativa que non é novedosa, posto que leva sendo a posición da
unanimidade dos grupos políticos presentes no Concello de Arteixo dende a
presentación do Estudio Informativo polo Goberno de Mariano Rajoy, do que a
Xunta de Galicia nunca dera unha valoración positiva durante os anos que o PP
estaba instalado en Moncloa, resaltando que é curioso que esta proposta saia a menos
de 20 días das eleccións xerais e cando o Goberno do PSOE estivo só 10 meses no
goberno e agora está en funcións, debido ao propio bloque do PP de Calvelo e
Feijóo, e non ten capacidade de asinar ningún tipo de convenio deste tipo. Tampouco
é coñecida a posición da propietaria da concesión que a Xunta de Galicia otorgou
á AG55.
Por
todo isto, esta proposta semella un anuncio electoralista do PP de Feijóo, que
quere aferrarse a algunha mensaxe electoral despois dos seus 11 anos de nula
xestión e os 7 de inactividade de Mariano Rajoy, gobernos que castigaron ás
comarcas de A Coruña, Bergantiños e a Costa da Morte cunha peaxe nunha Autopista
que fora planificada como Autovía libre de peaxe.
Dende
a Delegación do Goberno en Galicia transmitíronlle ao voceiro socialista, para
que llo comunicara á Corporación Local de Arteixo, que aínda que a proposta
semella unha cortiña de fume, no Ministerio de Fomento están dispostos a
valorar e estudar a idoneidade da proposta realizada, se fan un plantexamento
serio, equilibrado e ben documentado e xustificado no beneficio dos usuarios da
nosa comarca.