Solicitamos un estudo sobre o tráfico no Polígono de Sabón para evitar máis atascos coas novas zonas comerciais
- A próxima implantación de novas superficies comerciais na zona da Avenida da Deputación pode incrementar o caos de circulación existente.
- Solicitaremos, no próximo pleno do martes 10/09, un estudo sobre o tráfico e as actuacións viairas necesarias para garantir a actividade do polígono e a normal circulación.
O Grupo de Goberno do PP, decidiu modificar as normas dos usos do solo do Polígono de Sabón, facilitando a posibilidade de darlle uso comercial ás parcelas interiores de dito polígono, pero lonxe de actuar garantindo a igualdade de oportunidades entre os propietarios das parcelas, decidiu facer unha modificación sobre dúas delas cando xa estaba en proceso a modificación da totalidade do parque empresarial.
Dende o GMS coincidimos na necesidade de integración do polígono na malla urbana do noso
concello e ir modificando os usos nas partes máis próximas ás zonas residenciais e ir
peonalizando o acceso ao parque empresarial, pero non comprendemos a modificación do uso
do solo nunha parcela interior do polígono, admitindo os usos comerciais, xusto onde os
problemas de tráfico son máis elevados como é a Avenida da Deputación.
Dende o Grupo de Goberno díxose que esta ía a ser unha actuación para implantar oficinas,
pero dende o Grupo Socialista advertimos que non se debera facilitar o uso de grandes
superficies comerciais nunha zona saturada do Polígono e de Sabón e con grandes carencias
no tráfico viario e sen acceso peonil, ademais de prexudicar ao noso comercio local. Fai unhas
datas apareceu a noticia que en dita parcela, antes ocupada pola antiga Schweppes, ían a
solicitar licencia para implantar un supermercado e nos propios carteis de publicidade da
empresa promotora ofrécese a implantación de comercios en dita parcela.
Dende o GMS estamos fondamente preocupados pola densidade de tráfico que teñen que
sufrir os veciños e traballadores das empresas que están presentes no parque empresarial,
sen que aínda a Xunta de Galicia fixese actuacións para mellorar o tráfico presente e que só
teñamos noticias de posibles actuacións no futuro co desdobramento do vial e a instalación
de turborrotondas na Avenida da Deputación, e iso sen contar coa implantación de superficies
comerciais que puideran causar grandes danos a empresas tan importantes para a nosa
actividade económica e de toda Galicia, como as que están situadas nese entorno e que a día
de hoxe fai que o concello teña que cortar o tráfico por esta vía a certos horarios, ademais
dos danos que lle causarían tamén aos veciños que teñen que circular por esta vía.
Os propios empresarios en declaracións feitas aos medios, deixaban caer as súas dúbidas
pola existencia de actividade comercial nas partes interiores do polígono e pedían un estudio
serio sobre o tráfico e as actuacións necesarias para garantir a súa actividade industrial.
Por todo iso, solicitamos facer un estudio sobre o tráfico no Polígono de Sabón e levar a cabo as actuacións
viarias necesarias, antes de conceder licencias comerciais nesa parcela interior do
polígono, co fin de garantir axilidade no tránsito dos vehículos polo polígono e non
causar danos aos veciños e a actividade empresarial que se desenrola actualmente alí.