O PSdeG-PSOE volve a denunciar que moitos dos beneficiarios das axudas comedor do 2018 seguen sen cobrar nin un só euro


A situación fai que moitas familias necesitadas de ditas axudas renuncien a solicitar as de 2019, por non poder asumir o custe ata o momento do cobro

Felicitámonos porque despois de 5 anos dicindo que era imposible, o PP faga caso da proposta do PSOE para que os beneficiarios non teñan que soportar o custe anticipadamente e se trate directamente con AMPAS ou empresas que presten o servizo.


Arteixo,06 de Setembro de 2019

Os socialistas de Arteixo levamos moitos anos denunciando que as axudas a comedores escolares non funciona, ao ter que adiantar os beneficiarios os cartos do servizo e ter que esperar moitos meses para poder cobrar un custe que moitas familias non poden soportar.

Ano tras ano, moitas familias con necesidade das axudas, renuncian a participar neste beneficio social, despois de observar como teñen que esperar moitos meses para cobrar os cartos adiantados, algo que este ano está sendo insufrible para moitas familias, que por error na tramitación, seus ou alleos, están a principios de Setembro sen cobrar absolutamente nada das axudas de 2018.

Algo que no Partido Socialista puidemos comprobar cunha veciña, acudindo con ela ao departamento de educación e que por un erro alleo a ela, non figuraba no listado inicial entregado pola AMPA do seu centro educativo, quedou excluída inicialmente e aínda que a semana posterior a comunicarlle o erro acreditou que era usuaria do servizo, está no mes de Setembro de 2019 sen cobrar nin un só euro da súa axuda e nesa situación están moitas familias máis.

Neste pleno posiblemente se modifiquen as bases das axudas para levar a cabo aquelo que propuxo o noso partido fai máis de 5 anos, para que sexan directamente as AMPAS ou as empresas que xestionan os comedores dos centros educativos as que xestionen as axudas, para evitar que as familias teñan que asumir un custe que moitas non poden soportar. Dende o noso grupo aledámonos profundamente de que así sexa e sentimos moito a falla de xestión do goberno de Carlos Calvelo nestes últimos anos.

Anterior
Anterior

Solicitamos un estudo sobre o tráfico no Polígono de Sabón para evitar máis atascos coas novas zonas comerciais

Siguiente
Siguiente

Martín Seco solicita a dimisión do concelleiro José Mª Sánchez Novo tras as súas declaracións de onte